Carlos Rosón desenvolveu toda a súa traxectoria profesional no ámbito do Terceiro Sector de Acción Social, desde o traballo directo con colectivos en risco de exclusión, pasando pola asesoría a organizacións sen ánimo de lucro e administracións públicas.

Desde hai 13 anos é director Igaxes, entidade do terceiro sector de acción social de Galicia que loita por que ningún neno, nena ou moza teña que renunciar ao seu futuro por razón de pobreza ou exclusión social, así como director da Fundación Trévol de iniciativa social. Anteriormente tamén desempeñou tarefas de coordinación e dirección noutras entidades do Terceiro Sector como Cáritas e Proxecto Home de Galicia.

É Licenciado en Dereito pola USC, Master en Marketing, Consultoría e Comunicación Política pola mesma universidade e en Dirección e Xestión de Entidades Sociais, Culturais, Sanitarias e Socioeconómicas pola CEU, ademais de Esade Executive Education en Xestión e Dirección ONG´ s e en Liderazgo e Innovación Social. 2013.

É así mesmo profesor da Escola de Traballo Social da Universidade de Santiago de Compostela, Presidente da Unión de Entidades Novas e Inclusión, Membro do Foro de Liderazgo Social de ESADE- PWC, Membro do Consello territorial de Galicia da Asociación española de Directivos e Membro da Xunta Directiva de FICE.

"Hai unha especie de identificación entre os rapaces que estan en centros de menores e os rapaces que teñen cuestións penais ou en centros de reforma".

"Os rapaces entran nun centro de menores para a súa protección, o sistema galego de protección traballa con un pouco máis de 2.000 rapaces".

"Cando chega o momento de acceder a un traballo ou de alugar un piso, atópanse co estigma e o prexuizo de: "se estás nun centro de menores é porque fixeches algo malo" e eso non é así, non é verdade".

"Un dos grandes soños de IGAXES é que algún dos xovenes que tutelamos, algún día traballen con nós na ONG".

“NON NOS XULGUES” é unha campaña para acabar
co estigma que padece a mocidade tutelada.

IGAXES lanzou esta mañá a campaña "Non Nos Xulgues", que pretende acabar cos prexuízos sociais que afectan as máis de 1.000 nenas, nenos e adolescentes que viven en centros de protección de Galicia.

Estes xoves medran en centros de menores porque carecen do respaldo dunha familia, pero parte da sociedade aínda pensa que fixeron algo malo.

O sitio web https://nonnosxulgues.gal/ permite facer unha visita virtual a un centro tutelado e coñecer as historias das mozas e mozos que alí viven.

As mozas e mozos que medran nun centro de menores non son máis conflitivos, nin menos estudosos ou traballadores ca o resto da xuventude. A única razón pola que viven baixo a tutela do sistema público de protección é porque non contaron cun fogar seguro no que crecer. Aínda así, parte da sociedade continúa a xulgalos, colocándolles etiquetas inxustas que pesan e discriminan. Coa campaña de sensibilización Non Nos Xulgues, Igaxes quere achegar á cidadanía a realidade destes nenos e nenas de primeira man: a través das súas historias, con eles e elas como únicas protagonistas.

Cada ano, centos de adolescentes saen do sistema público de protección en Galicia. Dan o salto á vida adulta aos 19 anos de idade media, dez menos que o resto da xuventude.

Igaxes é desde 2005 a organización responsable de desenvolver o programa Mentor, financiado polo Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia, que acompaña a mocidade tutelada no seu camiño cara á vida independente. Estas mozas e mozos poden permanecer nas vivendas Mentor ata os 21 anos -mesmo ata os 25 en casos excepcionais-, pero a súa idade media de emancipación son os 19 anos.

Nas vivendas tuteladas, e baixo o apoio de profesionais socioeducativos, estes mozos e mozas prepáranse para a vida adulta. É un proceso contra o reloxo, porque cando sexan maiores de idade terán que dar o salto á vida adulta sen apenas rede de apoio.

Cando saen do sistema de protección non teñen unha familia á que volver. Por iso atopar un posto de traballo é vital para as persoas tuteladas. Se non logran un traballo ou o perden, o seu risco de exclusión pode multiplicarse severamente.

A estas dificultades únese unha barreira máis: a desinformación e os prexuízos provocan que a estes mozos e mozas se lles asignen etiquetas inxustas. Parte da sociedade aínda pensa que medraron en centros porque fixeron algo malo ou porque son persoas conflitivas, cando a verdadeira razón é que as súas familias non puideron ou non souberon coidalas.

Este estigma é un peso engadido ás cargas que xa soportan e a campaña Non Nos Xulgues nace para combatelo. Contará con paneis informativos itinerantes que rotarán por medio cento de concellos de Galicia, tanto en espazos públicos como en grandes áreas comerciais grazas á participación de concellos, empresas, universidades e entidades colaboradoras.

Na web interactiva https://nonnosxulgues.gal/ , algúns destes mozos e mozas narran as súas propias experiencias e abren as portas da súa casa, coa única vontade de compartir a súa realidade e derrubar prexuízos.

Nas redes sociais, Igaxes espallará a voz das persoas tuteladas baixo o hashtag #NonNosXulgues, animando a cidadanía a compartir esta mensaxe para que acabar co estigma se convirta nunha misión colectiva.

Faite socio/a de IGAXES:
https://www.igaxes.org/es/hazte-socio/

Máis Información IGAXES:

✔️Páxina Web: https://www.igaxes.org/es/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/igaxes

✔️Twitter: https://twitter.com/igaxes_ong

✔️Instagram: https://www.instagram.com/igaxes/

✔️YouTube: https://www.youtube.com/channel/UCAxGiVsMqKrKY02A2uOO6hQ

✔️Linkedin: https://www.linkedin.com/company/igaxes/

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

Máis Información e outras entrevistas:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions