David Castellanos é Enxeñeiro Técnico Forestal, experto en Xestión de Explotacións, e vainos achegar cada 15 días consellos para ir preparando a nosa horta dende cero.

Neste segundo programa falamos de REMEDIOS CASEIROS PARA COMBATIR AS PRAGAS E ENFERMIDADES.

"Hai unha serie de remedios naturais que nós poden axudar a previr certas enfermidades".

"Os remedios caseiros están baseados na experiencia, temos que ir probando coas medidas dos ingredientes".

"Dentro das prantas hai productos químicos que afectan aos insectos e que axudan ás prantas a estar fortes fronte as pragas".

CONSELLOS:

Os remedios caseiros están baseados na experiencia, temos que ir probando coas medidas dos ingredientes.

A auga que temos que utilizar preferiblemente de choiva ou senon de manantial.

Usar recipientes grandes e amplos, sobre todo con extractos e fermentados.

Durante o proceso hai que ter en conta:

- O tempo de fermentación varia en función da época do ano.

- Hai que remover todos os días.

- Observar as burbullas que soben a diario.

- Ao rematar, filtrar ben para evitar pudricións.

REMEDIO PARA FORTIFICAR AS PRANTAS na prevención de enfermidades (Oidio):

✔️ PURIN DE ORTIGA

100gr de folla fresca por 1 litro de auga e deixar fermentar.

REMEDIO PARA ACABAR DO PULGÓN:

✔️ INFUSIÓN DE ORTIGA

100gr de folla fresca por 1 litro de auga. Coar e aplicar directamente unha vez arrefriado.

REMEDIO PARA ACABAR COA ARAÑA VERMELLA:

✔️ DECOCCIÓN DE ALLO

70gr de allo por 1 litro de auga:

1º Ferver durante 20-30 minutos.

2º Deixar repousar 24h

3º Diluir 1 litro de producto resultante en 2 litros de auga.

REMEDIO PARA O MILDEU DOS TOMATES:

1 litro de leite desnatado por 4 litros de auga e 1 culler de bicarbonato sódico.

AGARDAMOS que estes consellos vós axuden a ter unha horta sana e productiva ‍ ‍ .

Facédenos chegar calquer dúbida que teñades e intentaremos darvos solución.

Máis Información DAVID CASTELLANOS:

✔️Linkedin: https://www.linkedin.com/in/david-castellanos-iglesias-a6358b3b/?originalSubdomain=es

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

Máis Información e outras entrevistas:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: @pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas