“Pakolas” é Paco Cerdeira, autor e compositor, músico, e tamén produtor de música pensada para @s mais cativ@s. Este é o nome que que lle gusta que o coñezan entre a poboación de curta idade. Ten longa traxetoria neste eido profesional, pasando por grupos como Mamá Cabra do que formou parte durante 10 anos, sendo fundador e formando parte de A Gramola Gominola na actualidade (compositor, guitarra e voz), e presentando tamén un proxecto individual e moi persoal para o público mais pequeno e as familias, “Pakolas”, que xa conta con dous librodisco no mercado e leva xirando coas súas cancións por toda Galicia dende o mes de Abril de 2017 cos seus espectáculos.

"Ramona Orbita, é unha labrega da serra do Courel que ten unha horta cibernética con patacas automáticas e unha máquina do tempo".

"Rock and Roll estilo Pakolas, por medio da imaxinación faremos unha viaxe no tempo na que disfrutaremos de moitas personaxes".

"É importante mover un pouquiño o cú senón atrófiase".

Pakolas guiaranos coa súa forza interpretativa e o seu humor por todo un universo musical, a través da súa voz e tocando a guitarra, neste espectáculo individual creado polo propio autor, onde a interacción coas nenas e nenos en que os fai partícipes, a animación, as súas caracterizacións e a súa música son o principal atractivo para o público.

En “Ramona Órbita, a dona do tempo” Pakolas preséntanos o seu último librodisco, editado en Sonárbore, na Editorial Galaxia (Agosto-2020)

Neste novo traballo contaremos e cantaremos a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega da Serra do Courel, que posúe unha horta cibernética con patacas automáticas, e ademais ten unha máquina do tempo, o seu mellor invento. Con ela viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo mellor, mais ecolóxico e con enerxías limpas.

Así, a través das cancións e a narración, imos saltando a diferentes épocas. Ramona viaxa á prehistoria a comer churrasco de mamut con Manolo Cavernario que acaba de descubrir o lume, visita a Leonardo Da Vinci no Renacemento, acode ao Antigo Exipto cun tal Ramsés que lle cheiran os pés, ou conversa cun robot que ten unha Roda Rota que se fai chamar Time, etc, todo ata chegar a Benvidas ao Futuro na que cantamos por unha sociedade mais ecolóxica e concienciada co respecto e coidado á natura.

Pakolas combinará a narración, a interpretación e caracterización de moitas personaxes, e a música; e tamén animará aos nenos e nenas e a todo o público a participar coas mans, cos ritmos do corpo e coa voz (retrousos, sons, etc). Así, podemos compartir entre todos e todas a música e as historias cantadas e contadas. En definitiva, un xeito divertido de aprender e de gozar.

En definitiva un espectáculo para compartir cos mais peques e coa familia. Pakolas incluirá nesta montaxe algún dos seus éxitos anteriores, dos mais aclamados polo público.

Máis Información FESTAS SAN PAIO 2021: https://app.aestrada.com/eventos/ficha/1262/gl

Máis Información PAKOLAS:

✔️Páxina Web: https://pakolas.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/pakolas.musica/

✔️Twitter: https://twitter.com/pakolascerdeira

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pakolas_pacocerdeira/

✔️YouTube: https://www.youtube.com/channel/UC2DcmQ2oWQdPBZgPeovTD7A

✔️Spotify: https://open.spotify.com/artist/79olzk8xoppHWDtVUMd967

✔️SoundCloud: https://soundcloud.com/pakolas

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

Máis Información e outras entrevistas:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions