A psicóloga Verónica Barros analiza os problemas que poden afectarnos para a reproducción, no DÍA MUNDIAL DA FERTILIDADE.

O 4 de xuño celébrase o Día Mundial da Fertilidade, co obxectivo de chamar a atención sobre os problemas de fertilidade que se presentan cada vez con máis frecuencia na poboación, e de identificar o momento indicado para consultar a un especialista.

"A fertilidade é algo que se da por feito. Ás veces fanse comentarios sen ter en conta a situación en que se atopa a persoa á que llo din".

"Na maioría dos casos non existe un problema físico, simplemente é a parte psicolóxica e a necesidade de control, a necesidade de que sexa rápido".

"O desexo de ter fillos xenera frustaración polas espectativas creadas. Unha muller, hoxe en día, tarda sobre un ano en poder quedarse embaraza".

Causas da infertilidade

Os problemas de fertilidade poden darse en homes e en mulleres e poden ser debidos a moitas causas. Non é unha cuestión simplemente de idade, hai moitas causas que a provocan.

No caso dos homes, a causa da infertilidade pode deberse a:

✔️Baixo reconto de espermatozoides no seme, ou ausencia deles.

✔️Baixa mobilidade dos espermatozoides.

✔️Espermatozoides que non se formaron adecuadamente.

✔️Seme espeso que non permite chegar aos espermatozoides ao óvulo.

✔️Problemas hormonais.

✔️Problemas de eyaculación.

As máis comúns no caso das mulleres son as seguintes:

✔️ Falta de ovulación ou mala calidade dos óvulos.

✔️Endometriosis: é o crecemento do tecido do interior do útero, fóra deste, nas trompas de Falopio ou nos ovarios.

✔️Fibromas uterinos.

✔️Trompas de Falopio bloqueadas.

Consellos para mellorar a fertilidade

Hai algúns consellos para lograr mellorar a fertilidade que poden aplicarse tanto ao home, como á muller e que van axudarche a estar máis preparado/a para conseguir un embarazo, ademais de traerche mellor saúde en xeral:

✔️Leva unha dieta sa e equilibrada: elixe alimentos ricos en antioxidantes e vitaminas, como as verduras e as froitas, alimentos con ácido fólico (espinacas) e omega 3, como o peixe azul.

✔️Controla o teu peso: a obesidade pode afectar negativamente á ovulación ou á calidade dos espermatozoides, ademais de conlevar maior risco de complicacións durante o embarazo e o parto. Pero tamén estar por baixo do teu peso ideal pode traer complicacións.

✔️Evitade o tabaco ambos os membros da parella, así como moderación no consumo de alcol.

✔️Practica deporte con frecuencia: prevén a obesidade e reduce a tensión, o que axuda por partida dobre á saúde reprodutiva.

✔️Fóra a tensión: se hai algo que non axuda en nada a conseguir un embarazo, é a tensión e a ansiedade.

✔️Practica meditación ou ioga para relaxarche, e realiza actividades tranquilas en parella que vos axuden a tomarvos o asunto con calma.

✔️Acode a un especialista: se vos está levando demasiado tempo, sempre podedes acudir ao voso médico de familia para iniciar un estudo de fertilidade. Isto non quere dicir que exista algún problema, pero sempre é mellor estar informados de todos os aspectos que poden estar a influír.

‍⚕️BARROS PSICOLOGÍA, Gabinete de psicoloxía especializado en trastornos do espectro autista e TDAH. Terapia individual e familiar, nenos e adolescentes, dificultades de aprendizaxe, problemas emocionais e de conduta, dificultades sexuais, terapia de parella...

Máis información BARROS PSICOLOGÍA:

✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia

✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/

️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast

Máis Información e entrevistas:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: @pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas