O 1 de xuño celébrase o Día Mundial do Leite, unha data proclamada pola Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación ( FAO), co obxectivo de tratar cuestións relacionadas co sector leiteiro en todo o mundo e para incentivar o consumo de leite en todo o mundo.

Un vaso de leite achega aproximadamente un 30% da dose diaria de calcio recomendada, elemento imprescindible para a formación e desenvolvemento dos ósos. Ademais, contén outros nutrientes necesarios para a vida como fósforo, magnesio, zinc, iodo, selenio e vitaminas A, D e do complexo B. Tamén contén ácidos graxos, hidratos de carbono, proteínas e auga.

Ademais en grao sumo obvio, son múltiples os beneficios de consumir leite e derivados lácteos, como iogures e queixos.

✔️Axuda a conciliar o soño. Sempre se dixo que un vaso de leite quente antes de deitarse ía ben para relaxarse.

✔️É importante para a hidratación, xa que contén gran cantidade de auga.

✔️Prevén enfermidades crónicas non trasmisibles como a diabetes, a hipertensión ou trastornos cardiovasculares.

✔️Axuda a manter os ósos fortes e sans, grazas ao calcio e outros elementos.

✔️Prevén as afeccións dentarias e bucais.

✔️Neutraliza a acidez estomacal xa que é un alimento alcalino.

✔️Promove o crecemento da flora bacteriana intestinal.

Recoméndase a inxesta de polo menos tres porcións de lácteos ou derivados ao día, sendo moi importante crear o hábito nos nenos.

"O leite é un producto de primeira necesidade, temos un equipo na Universidade de Vigo, dirixido polo Doutor Carlos Spuch, investigador do Instituto de Investigación Biomédica do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, que considera que o leite serve para previr enfermidades vencelladas ao deterioro cognitivo".

"É totalmente inxusta a vinculación que se fai, interesadamente, entre o gando bovino e as emisións de gases de efecto inverandoiro".

"O leite é un producto de primeira necesidade, temos un equipo na Universidade de Vigo, dirixido por Carlos Spuch, que considera que o leite serve para previr enfermidades vencelladas ao deterioro cognitivo".

"Un gran déficit da industria leiteira galega foi sempre, que maioritariamente, métese o producto nun brik, e non se elaboran outros productos que deixan un maior retorno económico".

Máis Información SINDICATO LABREGO GALEGO:

✔️Páxina: http://www.sindicatolabrego.com/

✔️Twitter: https://twitter.com/SLG_labregxs

✔️Facebook: https://www.facebook.com/SindicatoLabrego

✔️YouTube: https://www.youtube.com/user/LABREGXSdaGALIZA

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

Máis Información:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions