O pasado 16 de novembro naceu a Asociación Cultural República Musical Mardi Gras, un proxecto colaborativo que inclúe a protección das salas coruñesas, agrupadas na campaña #ApoyaTuSala (Mardi Gras, Jazz Filloa, Garufa Club, e o propio Bâbâ, pechado xa). A plataforma como todos os proxectos culturais crece e evoluciona propoendo outro tipo de actividades culturais como nos explica Tomi Legido.

"En decembro repartimos 4.400 euros entre 4 salas de Coruña para axudarlle co pufo que estaban a xerar: Mardi Gras, Garufa club, Jazz Filloa e Baba Bar, aínda que xa pechara, axudámoslle."

"En marzo editaremos un cd con 20 cancións de artistas que son todos socios/ as e que servirá para recadar fondos para o FONDO DE ANTICIPOS REPUBLICANOS (FAR). Un sistema de adiantar pasta a artistas, salas, mánagers cando lles urxa a pasta e teñan birlos sen cobrar."

"Temos en marcha un Concurso de relatos breves. 450 palabras máximo e un concerto como único parámetro que debe aparecer no texto."

CONCURSO DE RELATOS:

Envíos a ( [email protected] ) cun documento á marxe cos datos da persoa participante.

✔️150 euros para o mellor relato de non socios

✔️250 para o mellor de socios

¿QUE DEBO FACER SE QUERO SER SOCIO/A?

1º Cubrir este formulario: https://bit.ly/3pwHwrP

2º Pagar a cota. No propio formulario está o número de conta. Son 10€ de cota de alta na asociación (isto págase só a primeira vez) + 20 de cota de 2021.

Se ingresas máis dos 30 euros considérase Donativo para a asociación.

En caso de pago de cota familiar (está explicado no formulario) podes indicalo nun correo electrónico.

E con iso xa serás socia ou socio desta República.

Grazas por interesarche polo noso proxecto que pretende, entre outras moitas cousas, axudar ás salas de concertos hermanadas en # Apoyatusala a que non pechen. Pero ese é só un dos obxectivos, coñecenos mellor en:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/AC-Rep%C3%BAblica-Musical-Mardi-Gras-102081098377359/about/?ref=page_internal

️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast

Máis Información:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

Twitter Mentions