Zënzar, a banda decana do rock galego e en galego, segue a afinar os instrumentos cumplidos os 31 anos de actividade constante.

Os de Cerceda comezan o 2020 cun novo traballo discográfico, BENVIDAS ó FUTURO, o décimo da súa historia. Este novo disco ten navidades que o diferencian dos anteriores. Con Roi Gil, técnico de directo e o sexto zënzar, ós mandos técnicos da gravación por primeira vez, conseguen unha potencia similar á dos directos. Ademais, todo o proceso de gravación e creación tivo lugar no local de ensaio, recentemente mellorado e equipado.

Tamén se trata do primeiro con Laura ó baixo. Por primeira vez na historia de Zenzar, un disco é composto, gravado e deseñado unicamente por membros da banda.
BENVIDAS ó FUTURO é un disco que mira ó pasado (facendo alusión ó primeiro disco da banda, Disparados ó futuro, lanzado no 1997) pero sobre todo ó momento presente. Apostando polos directos enérxicos e guitarreiros habituais, Zënzar pon voz e música ós problemas persistentes na Galicia do século XXI, como é a eucaliptización do territorio, as políticas do espolio, as loitas das labregas e dos labregos, a historia das mulleres do rural ou a contaminación. Sen esquecerse de mencionar as redes sociais e as novas formas de relacionarnos que trouxo o progreso tecnolóxico, un futuro que agora non parece tan bonito como nolo pintaban.

Zënzar leva 31 anos sobre os escenarios galegos. Recibiu por sorpresa a homenaxe en forma de disco de 18 bandas galegas (Vai polos padriños, 2013). Durante os cinco anos da xira Camiñando entre serpes (2015), levou a cabo un achegamento a novas xeracións de mozas e mozos como gañadores de varias edicións do Corre!ingua ou mediante a actividade Música e Lingua: repaso da nosa música contemporánea e o papel da muller nela. Teñen colaborado coa banda,tanto en directo coma en discos, infinidade de músicos e músicas do talle de Vituco Neira e Xan de Ruxe Ruxe, Sés, Mou de DKTC, Mario dos Túzaros ou Martín de Machina entre moitos outros ó longo da súa traxectoria, e segue a contar con Xenderal, Xosé M. Ares, O Reverendo Can, Manuel Silveira (membro fundador de Zenzar) e Anxo Silveira como colaboradores ocasionais
segundo dispoñibilidade e oportunidade.

COÑECE a ZËNZAR:

✔️Páxina Web: https://zenzar.info/

✔️YouTube: https://www.youtube.com/channel/UCus8zgQZ1fEFChh9WEgaC0Q

✔️Spotify: https://open.spotify.com/artist/01WxyJScOQqkGl2WVVZbfs?si=JGYMVp6dTJax0DDJ3Dnlsg

✔️Facebook: https://www.facebook.com/zenzar.rock.en.galego/

✔️Twitter: https://twitter.com/ZenzarRock

✔️Instagram: https://www.instagram.com/zenzar_rock_en_galego/?hl=es

️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast

Máis Información:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions