TEQUEXETÉLDERE e O OBRADOIRO DE MÚSICA MODERNA CARLOS BARRUSO comezan as aulas o próximo mes de outubro.

Manuel Castedo Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso: "A idea é que (os alumnos) formen parte dun aula colectiva onde van a aprender técnicas de improvisación e armonía, para formar "Combos" ou unha "Big Band"".

Kike Vázquez, Tequexetéldere: "Nos 31 anos da agrupación sempre estivemos abertos a todo tipo de colaboracións con outras agrupacións, grupos, bandas ou compañías de teatro...".

Tequexetéldere nace no ano 1990 e dende os seus comenzos tivo clara que gran parte do seu esforzo tiña que encamiñarse á conservación e recopilacion de todo o concerninte á nosa etnografia (cantos, bailes , músicas, xogos, vestimentas, etc.) Que teñan como prolongación o traballo que desenrrola derriba dos escenarios en cada unha das suas actuacións.

Este traballo comenza a desenvolvelo primeiramente no seu propio Concello con recollidas en parroquias como Montillón, Codeseda, Baloira, etc. Continuará esta investigación nos Concellos limitrofes como Forcarei, Cuntis ou Lalí­n, chegando a abarcar en recollidas posteriores lugares dos Concellos de toda a nosa xeografia.

Con todo este material Tequexetéldere non so traballa para eles, se non que este saber téntase amosar e ensinar nas suas escolas de baile, música e canto. Facendo este traballo quérese resaltar o papel das escolas, tan importante na formación das xentes que compoñen Tequexetéldere.

O Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso, nace da demanda do colectivo de músicos estradenses por acadar unha formación en música moderna que deu comezo no ano 2009 da man do mestre Carlos Barruso.

O obxectivo deste obradoiro é o de darlle continuidade ao labor de Carlos Barruso, como un xeito de reinvindicar o legado musical que deixou latente nos seus alumnos, moitos deles, agora titulados en grao superior de música moderna. Paralelamente, coa formación deste obradoiro tamén se pretende conseguir a formación dunha big band.

Este obradoiro conta cun plan de estudos que terá unha duración de nove meses repartidos nunha clase á semana de dúas horas de duración na que o alumnado abordará diferentes aspectos musicais. A primeira dedicarase á parte teórica onde se traballarán fundamentos harmónicos, rítmicos, melódicos, técnicos e analíticos das obras a interpretar. E na segunda hora interpretaranse as obras estudadas na primeira parte da clase en formación de combo.

Este obradoiro permanente non aceptará alumnos de nova formación, só actuará como un complemento para músicos cun certo nivel interpretativo que lles permita afrontar as partes teórica e práctica. En ningún caso se ensinará a tocar instrumentos nin se impartirán clases de iniciación.

Matrícula das escolas de Tequexetéldere para o curso 2021 / 2022 (ver ligazón ).

NOTA: aínda non se saben os horarios das clases.
Os días (salvo algún problema) manteranse como sempre, baile (luns ou venres según grupo) | pandeireta (luns) | gaita, percusión e solfexo (mércores) | acordeón e zanfona (xoves)

PREZO: 13€ e 10€ para segunda actividade ou 2º irmán

Matrícula Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso para o curso 2021 / 2022 (ver ligazón ).

Duración: 9 meses

Prezo: 10€ mes

Horario: Luns de 20:00 a 22:00 hs

Instrumentos: todo tipo, incluída a voz (Será imprescindible saber tocar o instrumento co que se pretende participar.)

Clases:

As clases estarán divididas en dúas partes.

Unha primeira parte de 20:00 a 21:00 teórica, onde se impartirán teoría e coñecementos básicos da música moderna (cifrado, fraseo etc).

Unha segunda parte de 21:00 a 22:00 poñendo en práctica a clase teórica, coa formación de varios combos segundo o número de alumnos convocados.

Crearase unha big band para que o alumnado poida poñer en práctica todos os coñecementos adquiridos durante o curso.

Máis Información TEQUEXETÉLDERE :

✔️ Páxina Web: http://www.tequexeteldere.gal/

✔️ Facebook: https://www.facebook.com/tequexeteldere/

✔️ Twitter: https://twitter.com/tequexeteldere

✔️ Instagram: https://www.instagram.com/tequexeteldere/

✔️ Teléfono: (+34) 660136787

✔️ Correo: [email protected]

Máis Información OBRADOIRO MÚSICA MODERNA CARLOS BARRUSO:

✔️ Páxina Web: http://www.ommcarlosbarruso.gal/

✔️ Facebook: https://www.facebook.com/omm.carlosbarruso.3

✔️ Instagram: https://www.instagram.com/obradoirocarlosbarruso/

✔️ Correo: [email protected]

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions