A Asociación Raiceiros foi creada no 2001 e ten a súa sede na Casa da Cultura de San Miguel de Sarandón (Vedra).

Hoxe falamos con Héctor Rodríguez, presidente da asociación que nos explica que tipo de proxectos levan feito nestes 20 anos e como celebrarán a efeméride da asociación.

"Estación do tren de Santa Cruz de Ribadulla é un dos espazos estupendos que ten o concello de Vedra. É a casa do tren, ten un vagón e unha nave grande para as actividades e a exposición".

"Cando fomos ao faiado da AC resultaba basante gracioso ver as fotos das primeiras actividades".

"20 anos é un número que merece ser celebrado, tanto para nós mesmos como para compartir coa sociedade que nos rodeou nestes anos, e que nós devolvía a enerxía que nós poñiamos nos proxectos".

Raiceiros é unha asociación sociocultural e prestadora de servicios á mocidade, constituída en outubro de 2001. Realizan a súa actividade no territorio da Comunidade Autónoma Galega, con especial incidencia na comarca natural da Ulla.

Raiceiros está composto por un grupo de mozos e mozas que se xuntan para facer cousas en común, aproveitando o seu tempo libre para compartir experiencias, aprender cousas novas, coñecer outras realidades ademais da súa, divertirse… nun clima de igualdade, integración e solidariedade.

Entre os seus obxectivos adquire principal relevancia a recuperación e difusión do patrimonio cultural, a través de calquera tipo de actuación encamiñada á promoción da cultura en tódolos seus aspectos e manifestacións, e fomentando a participación activa das persoas no desenvolvemento social e cultural da comarca.

Máis Información “AC RAICEIROS”:

✔️ Páxina Web: http://www.raiceiros.org/

✔️ Facebook: https://www.facebook.com/AsociacionRaiceiros

Máis Información CONCELLO DE VEDRA:

✔️Páxina Web: https://www.concellodevedra.es/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/concellodevedra

✔️Twitter: https://twitter.com/concellodevedra

✔️Instagram: https://www.instagram.com/concellodevedraoficial/

✔️YouTube: https://www.youtube.com/channel/UCSYJ80N0JgGdKJJtH5NMvIQ

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

Máis Información e outras entrevistas:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions