A AC A Xesteira recupera a festa do outono, falo con Alex Couso das actividades que se van a levar a cabo esta fin de semana. (programa ).

"Despois de case dous anos de parón de actividades, decidimos dar un pasiño e facer a festa do outono".

"Haberá recollida de cogumelos, conta contos con Quico Cadaval e foliada. Poderemos degustar arroz con setas, chouriciños, rexóns... vai a haber un pouco de todo".

"Estamos emocionados por volver ás rutinas das nosas foliadas, das nosas festas".

A Asociación “A Xesteira” está formada por un grupo de mozas e mozos de Couso (A Estrada) que alá polo 1995 decidiron crear unha asociación para a difusión cultural e o coñecemento da historia e costumes dos lugares onde viven.

Aínda que a creación da asociación data daquel 1995, xa levaban uns anos desenvolvendo actividades de dinamización social e cultural no medio rural: exposicións, charlas, obradoiros, roteiros ambientais, noites musicais e de animación en xeral, festas, saídas e eventos culturais,…

A Xesteira busca que a veciñanza, de calquera idade e condición, propoña, faga e goce nas actividades comunitarias. Así poderían contribuír a:

✔️Propoñer novas ideas e actividades comunitarias

✔️Normalizar o uso do galego en calquera ámbito e situación

✔️Crear espazos para as iniciativas de mozas e mozos e para a participación da veciñanza

✔️Impulsar a participación, o asociacionismo, o traballo en grupo e o respecto polas demais persoas

✔️Crear redes sociais a través do contacto entre persoas e entidades que comparten inquedanzas

Programa:

- 16:00h.: Saída a buscar cogomelos, guiada por Merche Nodar.

- 18:00: Identificación e mostra de cogomelos, con Merche Nodar.

- 20:00h.: Contacontos, con Quico Cadaval: “Contos doutro mundo”.

- 21:30: Ruada!

Castañas, petiscos e viño novo.

Máis Información “ASOCIACIÓN A XESTEIRA”:

✔️ Páxina Web: http://asnosasmusicas.gal/

✔️ Facebook: https://www.facebook.com/axesteira

✔️ Twitter: https://twitter.com/ANMCouso

✔️ Instagram: https://www.instagram.com/a_xesteira/

✔️ YouTube: https://www.youtube.com/user/ANMasnosasmusicas

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions