David Castellanos é Enxeñeiro Técnico Forestal, experto en Xestión de Explotacións, e vainos achegar cada 15 días consellos para ir preparando a nosa horta dende cero.

Neste segundo programa falamos de OS LABORES DE MAIO.

"Quen non faga os labores de maio que se despida da horta ata o ano que ven".

"As xeadas xa quedaron atrás e podemos ir trasplantando con tranquilidade todo o que sexa para cultivo de primaveira veran".

"Debemos vixiar a aparición de fungos e outras enfermidades como o mildeu, tanto na pataca como na viña e o oidio nos allos e cebolas".

CONSELLOS:

Trasplantar ao exterior tomates, pementos, leitugas...

Sementar directamente cenouras, xudias, cabazas...

✔️ Aínda estamos a tempo de prantar as últimas cebolas.

Podemos ir prantando os primeiros allos porros.

Maio é o mes do millo para consumo animal ou como tutor para xudias e fabas.

Vixiar a aparición de fungos como o "mildeu" nas froiteiras, en especial a viña. Debe prevalecer a prevención fronte a curación, podemos aplicar sulfato de cobre. Fronte o "oidio", que suele aparecer nos allos e cebolas debemos aplicar un tratamento de xofre.

Eliminar a herba que medra debaixo da copa das froiteiras, sen xuntala na base do tronco.

Eliminar gromos no desexables.

Vixiar a aparición do pulgón, observando o movemento de formigas no tronco. ✔️SOLUCIÓN (1 litro de auga + 1 culler de aceite + 1 culler de xabón. Axitar e pulverizar).

Máis Información DAVID CASTELLANOS:

✔️Linkedin: https://www.linkedin.com/in/david-castellanos-iglesias-a6358b3b/?originalSubdomain=es

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

Máis Información e outras entrevistas:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: @pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas