“Think of light”, un gran espectáculo online de perruquería para profesionais de once países
• O estilista naronés Antonio Calvo e a produtora compostelá Seispés Producións Creativas organizan a presentación das coleccións que serán tendencia en 2022

• O evento retransmítese en directo dende Galicia o xoves 27 de maio

A presentación mundial das novas coleccións de perruquería e estilismo da marca Salon In Recamier muda o seu formato este ano por mor da situación xerada pola Covid-19. O espectáculo “Think of light Show Salon In 2021”, retransmítese por primeira vez online, dende Galicia e para once países: USA, Colombia, Ecuador, Perú, Puerto Rico, Chile, Curazao, Panamá, Guatemala, Honduras e Costa Rica. A cita é do 24 ao 27 de maio. Dende o luns ata o mércores, con gravacións previas, e xa o xoves 27 a partir da unha da madrugada, coa emisión, a través dunha plataforma online, do evento que se celebra nas instalacións de Kaito Estudios, na localidade coruñesa de Culleredo.

Co prazo de inscrición aínda aberto, xa hai máis de 12.000 profesionais anotados para seguir o evento vía streaming, o que o convirte nun dos máis relevantes celebrados ata a data. Un espectáculo no que desfilarán máis de 40 modelos e que marcará as tendencias en perruquería e estilismo para 2022. Todo, coa produción da empresa santiaguesa Seispés Producións Creativas, baixo a dirección do naronés Antonio Calvo, director artístico de Salón In Recamier Profesional e profesional de longa traxectoria internacional, gañador de cinco Premios Fígaro (2013, 2014, 2017 e 2019) e Stylemaster 2013, entre outros recoñecementos.

Antonio Calvo presentará ao público as súas coleccións “Unique”,“Light up dancer” e “Fenix” . Tres propostas que experimentan coa beleza da luz, a cor, a ilusión e as emocións positivas, partindo das macrotendencias da moda e dun rigoroso traballo creativo. Pero, ademais, este “Think of light” servirá tamén de presentación dos deseños de 2020, “Team”, “The mirror” e “Glitter woman”, cuxa estrea internacional se viu interrompida o pasado ano pola Covid-19. En total, seis coleccións que desfilarán pola pasarela e que xa foron retratadas nos vídeos promocionais gravados en diferentes localizacións da nosa xeografía como a Ribeira Sacra, Narón, Santiago de Compostela, cun equipo técnico integramente galego. Perruquería, arte, moda e paisaxe de Galicia, retransmitidos para o mundo a través deste evento exclusivo para estilistas e perruqueiros Salon In.

O espectáculo contará ademais con Juan Ayoso, actual “Perruqueiro Andaluz do Ano”, e Almudena Martín e Pedro Muñoz, referentes do sector dentro e fóra de España, como artistas convidados. Todo, aderezado con grandes sorpresas e música en directo, composta ex profeso para a ocasión e interpretada pola gañadora do concurso “La Voz”, a cedeirense Irene Caruncho.

"É unha loucura de creatividade, de moda e de ilusión que vai a sorprender á xente".

"Son moitos meses de traballo, de creación para facer un evento sen igual".

"A perruquería non vai soa, vai vencellada ás tendencias de consumo de roupa, de coches... A macrotendencia de este ano será "ser como nos dé la gana"".

LIGAZÓN DO EVENTO: https://saloninprofessional.com/salon-in-show/?fbclid=IwAR1d4M5tnNJWlecaLF3tkQ1HvrJ_H8chgI4xiZDfk3zNSXCWPmtaKT5m93A

Máis Información ANTONIO CALVO ESTILISTAS:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/AntonioCalvoEstilistas/

✔️Instagram: https://www.instagram.com/antoniocalvoestilistas/

Máis Información RECAMIER:

✔️Páxina Web:https://www.recamier.com/web/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/SalonInRecamier/

✔️Instagram: https://www.instagram.com/recamierctg/

Máis Información SEISPÉS PRODUCCIÓNS CREATIVAS:

✔️Páxina Web: https://seispes.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/seispes

✔️Twitter: @seispes

✔️Instagram: https://www.instagram.com/seispesproducionscreativas/?hl=en

✔️YouTube: https://www.youtube.com/user/SeipesProducions

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

Máis Información e outras entrevistas:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions