Ana Cabaleiro López é unha xornalista e escritora galega.

Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, cursou o máster de Estudos Teóricos e Comparados da Literatura e da Cultura. Iniciouse como xornalista en Radio Estrada. Colabora en Sermos Galiza e no Boletín Galego de Literatura. É membro do grupo de escritura Versos soltos. Traballou no campo da discapacidade intelectual e no da cooperación ao desenvolvemento. Tamén traballou no gabinete de comunicación da Deputación de Pontevedra.

En febreiro de 2017 publicou o seu primeiro libro de relatos, Sapos e sereas, co que quixo chamar a atención sobre o absurdo dos estereotipos de xénero a través de relatos postos en feminino e dirixidos a unha hipotética lectora, nos que pon en cuestión o modo en que se contou a historia da muller.

En 2018 gañou o Premio García Barros coa novela As ramonas. En 2018 tamén colaborou na revista Ligeia. Publicou o relato Todas esas mentiras no nº 223 (2019) da revista Grial.

Agora preséntanos "DEIXÁDENOS REMAR", finalista do Premio Xerais de Novela 2020:

"É o libro onde máis descaradamente boto man do humor, incluso da farsa ou o absurdo".

"Unha cousa fermosa que ten a literatura é o de coñecer outras terras, outros lugares".

"A miña xeración foise a escribir sobre lugares urbanos. Eu quería botarlle unha man a ese rural, onde vivimos toda unha xeración".

Ficha do libro (mercar libro ):

Deixádenos remar
Ana Cabaleiro (Autor/a)
EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA

Finalista do Premio Xerais de Novela 2020.

A vida nun modesto arrabalde vese trastornada coa construción dunha flamante urbanización de chalés acaroados. A medida que as vivendas se venden e os novos veciños se van asentando, o muro exterior da urbanización transfórmase en fronteira e o microcosmos do barrio acaba por se dividir en dous bandos. Mais non se trata dunha rivalidade polo territorio, senón da colisión entre dúas formas de vida que se converte nunha lenta e constante guerrilla de pequenas escaramuzas veciñais, na reafirmación do status comunitario dos humildes, e na manifestación dos nosos soños e loitas dependendo do lado do muro en que habitemos.En «Deixádenos remar», novela finalista do Premio Xerais 2020, Ana Cabaleiro dálles voz ás protagonistas anónimas do cotián, todas humildes e arrabaldeiras, ben sexan esforzadas traballadoras, opositoras, desempregadas, xubiladas, divorciadas, artistas ou viaxeiras.

Mercar libro: https://www.xerais.gal/libro.php?id=6787838

Máis Información ANA CABALEIRO:

✔️ Facebook: https://www.facebook.com/ana.cabaleiro.52

✔️ Twitter: https://twitter.com/AnaSaidres

✔️ Instagram: https://www.instagram.com/anasaidres/

Máis Información Editorial XERAIS:

✔️ Páxina Web: https://www.xerais.gal/index.php

✔️ Facebook: https://www.facebook.com/xerais

✔️ Twitter: https://twitter.com/Xerais

✔️ Instagram: https://www.instagram.com/edicionsxeraisdegalicia/

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions