5º Salón do Vehículo de Ocasión.

Nesta edición o certame, ocupará un total de 11.400 m2 de espazo expositivo en pavillón complementado con zonas expositivas habilitadas nos exteriores. Esta mostra sectorial terá lugar do 17 ao 19 de setembro, en horario
ininturrumpido de once a vinte horas.

Tras o éxito obtido en pasadas edicións, o 5º Salón do Vehículo de Ocasión incrementa o espazo expositivo, pasando de tres a cinco pavillóns con 11.400 m2 e zonas exteriores de exposición que complementan e incrementan a superficie interior. Actualmente, están
inscritos preto de catrocentos vehículos (particulares, industriales, monovolúmenes etc…), de gama media alta e todos de ocasión e seminovos con importantes descontos en feira sobre o prezo de venda no concesionario.

José López Campos, alcalde da Estrada: "O "Salón do vehículo de ocasión" é unha boa oportunidade para o sector do motor pero tamén é unha gran oportunidade para quen queira mercar un vehículo a bo prezo".

José Luis Sánchez, xerente de "Caetano Formula Galicia": "Temos o vehículo eléctrico máis barato e ademáis tamén asesoramos sobre todas as axudas que hai para a compra de vehículos".

Juan Carlos Varela, xerente de "JCV Motor Sport": "Dispoñemos de vehículos que non se comercializan en España e damos tres anos de garantia, algo que non fai outro concesionario".

As firmas participantes poñen a disposición dos visitantes, interesantes propostas de financiación para posibilitar que o cliente poida trocar ou mercar un vehículo, revisado e con plenas garantías. Algunhas das firmas presentes,
ofrecen tres anos de garantía nos seus vehículos de ocasión.

Esta mostra sectorial terá lugar do 17 ao 19 de setembro, en horario ininturrumpido de 11 a 20 horas.

Pavillón 1 (Saída Feira): Brasilcar, Talleres Louzao, R&S Cars, Aelsa Opel, Lunia A Estrada, Stradsegur.

Pavillón 3 (Entrada Feira): Talleres Marcos Landín, Foxomotor.

Pavillón 4: Caetano Fórmula Galicia.

Pavillón 5: Minoautos Multimarca.

Pavillón 6: JCV Motor Sport, Faster CCK Autos, Autocaravanas Arousa- O Tuno.

Exteriores: Autos Dodro, Carventa Minerva.

Como chegar: https://goo.gl/maps/pAmVRHF72ub6xxoz7

Máis información FUNDACION DE EXPOSICIONES Y CONGRESOS DE A ESTRADA: https://feiradomoble.gal/

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions