Onte mesmo a conselleira María Jesús Lorenzana, xunto a outros altos cargos do seu departamento, mantivo un novo encontro cos representantes de sindicatos, patronal e organizacións de autónomos para deseñar os criterios de repartición do III Plan de Rescate impulsado polo goberno central. Unha vez modificado o último REAL DECRETO-LEY, 5/2021, DO 12 DE MARZO, polo executivo, ábrese a posibilidade de acceso ás axudas directas ás empresas de calquera sector, e non só ás do centenar de actividades que o Executivo identificou nun primeiro momento como as máis afectadas pola crise.

Nesa reunión estivo Suso Diéguez, sercretario de AGTAMAR - UPTA, que nós explica o que se falou nese encontro, despois de que A Xunta, a través da Consellería de Emprego, rubricase o convenio co Ministerio de Facenda e a Axencia Tributaria que permitirá á comunidade recibir os 234,47 millóns de euros que o Goberno lle asignou dentro do plan de axudas directas ás empresas. Un diñeiro que o Executivo autónomo espera recibir de forma "inmediata", prevendo aprobar durante o mes de maio a orde que regulará a distribución dos fondos entre os autónomos e as pemes galegas.

"A modificación do Real Decreto da competencias á Xunta para incorporar novos códigos de actividades con dereito a axudas".

"Foi unha primeira reunión, na que a Xunta fixo unha primeira proposta".

"Queremos unha seguridade xurídica na que as actividades se consideren como especialmente afectadas según a caída de facturación ".

"Os autónomos estamos relativamente satisfeitos co esforzo que fixo a Xunta ata o de agora".

AGTAMAR xorde para superar o déficit de representación e interlocución social do colectivo de autónomos existentes desde sempre no sistema económico, nos últimos anos factores como os cambios nos sistemas produtivos e nas relacións laborais, así como o movemento migratorio, fixeron que o colectivo experimentase un importante crecemento na nosa Comunidade Autónoma.

AGTAMAR está integrada na Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos de España ( UPTA); unha organización intersectorial que atende a todos os ámbitos de actividade económica que se exercen por conta propia. A súa prioridade é a organización de autónomos propiamente independentes; é dicir, que non teñen traballadores ao seu cargo, así como ás microempresas de ata seis traballadores, xa que constitúen o sector maioritario e o máis diseminado organizativamente.

Máis Información AGTAMAR:

✔️Páxina Web: https://agtamar.es/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/agtamar.galicia

✔️Twitter: https://twitter.com/gagtamar

UPTA constituíuse como organización con vocación de representar e defender os intereses sociais, profesionais e económicos dos autónomos do noso país. Pero igualmente, UPTA creou unha organización en cada Comunidade Autónoma, como suma de toda a rede asociativa existente no territorio, establecendo a interlocución necesaria ante a Administración Autonómica.

Desta forma, UPTA España é definitivamente a estrutura acumulativa das diferentes unións autonómicas existindo, ademais, asociacións de carácter sectorial e ámbito estatal que se integran directamente.

En xuño de 2011, o Ministerio de Traballo e Inmigración, a través de Dirección Xeral da Economía Social, do Traballo Autónomo e da RSE, recoñece mediante Resolución da Comisión de Representatividade á Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos como entidade máis representativa do colectivo de traballadores autónomos españois

Máis Información UPTA:

✔️Páxina Web: https://upta.es/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/UptaEs/

✔️Twitter: https://twitter.com/upta_es

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

Máis Información e outras entrevistas:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions