Este domingo 26 de maio as dúas da tarde no Pazo de Xerlis A Estrada brindarlle unha calorosa homenaxe a Ramiro Meilán, por unha xubilación máis que merecida.

"Síntome moi orgulloso de que me fagan esta homenaxe os amigos. Quero darlle as grazas a todos e que sigan contando comigo para o que faga falta".

"Empecei a traballar con 14 anos nun taller na Estrada, despois marchei para Vigo e de aí lanceime á aventura e montei un desguace".

"O mundo dos desguaces evolucionou moitísimo o que segue igual é que seguimos reciclando".

O Veciño da Estrada,Ramiro Meilán foi o xerentes do mítico desguaces Meilán durante 37 anos. Coa súa profesionalidade, e o seu espíritu colaborativo, Meilán foi deixando unha fonda pegada nos afecionados locais ao motor e en todos os seus amigos e veciños que hoxe lle quixeron rendin un sentido homenaxe, a través de Radio Estrada.

Non é de estrañar que agora que acaba de cumprir os 65 e que se xubila oficialmente todos lle desexen o mellor a unha persoa esencial para entender a historia do pobo da Estrada.

Grazas a David Gil, pola súa colaboración e a Carmiña, Carbón, Pablo e Lucía, Isa e Clara, Tato, Diego, Kike, Mary e Aroa e á súa filla Tatiana por participar nesta sentida homenaxe.

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions