XISCO FEIJOÓ é cantante, premiado bailador, coreógrafo, presentador de televisión, mestre da ETRAD e coordinador da sección de canto da OFG SonDeSeu.

Xisco Feijoó, despois de facer un incesante traballo de recuperación etnográfica durante máis de trinta anos e colaborando en máis de vinte discos e espectáculos de artistas de proxección internacional como Mercedes Peón, Xosé Manuel Budiño, Carlos Nuñez, Kepa Junquera, Berrogüetto e Rodrígo Romaní, entre outros, atrévese lazando este traballo discográfico chamado PEIXE.

"Peixe é un relato de como eu entendín a vida, hai cantigas recollidas e unha creación de letra para que conte unha historia".

"Estes temas están vencellados a momentos e a persoas especiais da miña vida, aos que lle fun recuperar. Cando iba polas aldeas gravando e vivindo coa xente maior".

"Todos os que participan no disco son os meus amigos e teñen unha calidade musical excepcional".

"Os meu referentes son todas aquelas persoas que me ensinaron todo o que me ensinaron, dun xeito totalmente altruista, e ainda por encima poñendo café e rosca enriba da mesa".

PEIXE está preñado da esencia máis fonda da música tradicional, vista desde unha mirada contemporánea e interpretada desde a modernidade e desde a visión dun século XXI dominado polas novas tecnoloxías pero onde se respectan e valoran con emocionante orgullo as orixes e tradicións máis puras e ancestrais.

PEIXE fala de todo aquilo que queremos ser e non somos... E daquilo que somos e non desexamos.

PEIXE fala da súa aceptación con horizontalidade deixando ben atrás a resignación.

PEIXE é entender que entre nós ata onde alcanza a mirada non hai acuario que nos encerre.

PEIXE somos cada un de nós, únicos e irrepetibles.

PEIXE é un equipo interdisciplinar ao servizo da música. Por suposto, son salientables os músicos da banda: Artur Puga (percusións, voz e danza tradicionais), María Jorge (violín, percusións e voz tradicionais), Carlos Quintá (Violín, diatónico, percusións e voz tradicionais) Xan Pérez (ventos, percusións, voz e danza tradicionais), Xosé Liz (arranxos bouzuki, requinta, mandolina, percusións e voz tradicionais), Jose Manuel Díaz ( Contrabaixo), Miguel Fraile (Guitarras Española e eléctrica) e Iago Ramilo (Saxo soprano, barítono e alto, percusións e voz tradicionais). Todo iso condimentado coa mestría, acordes, melodías e ritmos, de antigas melodías traídas a esta modernidade actual, poñendo énfase na contemporaneidade do folk con extremo amor e coidado de non afectar o seu carácter intrinsecamente bailable.

Unha masa de bica musical engordada polo fermento artístico encarnado nos marabillosos arranxos do mestre e gran músico Carlos Quintá.

Pero non menos importante é o equipo de xestión: Itziar Quesada (Produción executiva), Merchi Pérez (Produción e management), Carlos Veleiro ( Comunity Manager), Marta Enríquez ( Merchandissing), Enya Casal e Marcos Iglesias (Fotografía), Jose Comesaña (Deseño gráfico), Sara Bonner (Traducións) , Edu Ortiz (apoio técnico) e os profesionais de ` Amphilocos´ (deseño web, gráfico e redes), ` BeaBesada homestudio´ (creación e edición videográfica) e ` Nalgures Producións´ (Produción e representación).

Máis Información XISCO FEIJOÓ:

✔️ Páxina Web: https://www.xiscofeijoo.gal/

✔️ Facebook: https://www.facebook.com/XiscoFeijoo

✔️ Instagram: https://www.instagram.com/xisco.feijoo/

✔️ Twitter: https://twitter.com/xiscofeijoo

✔️ YouTube: https://www.youtube.com/channel/UCIiSVRqxjdbXT5rrGwD8QLQ

✔️ Spotify: https://open.spotify.com/artist/59WayTn0AZA2tOOuUHzpQO?si=VRtQe3jETKa4wX5_cGsKcQ&nd=1

✔️ Apple Music: https://music.apple.com/es/artist/xisco-feijo%C3%B3/1498756510

Contratación:

✔️ Teléfono: (+34) 982250245

✔️ Correo: [email protected]

Máis Información THE OFFICE COMUNICACIÓN:

✔️ Páxina Web: http://www.theofficeco.es/

✔️ Facebook: https://www.facebook.com/TheOfficeComunicacion/

✔️ Instagram: https://www.instagram.com/theofficecomunicacion/

✔️ Twitter: https://twitter.com/theoffice_co

✔️ Spotify: https://open.spotify.com/playlist/6gLoyPViL32nuhvOtIvZFf?si=3DAseJ6KTGCzAwTT0k0WQw&nd=1

✔️ Teléfono: (+34) 881929091

✔️ Correo: [email protected]

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions