Falo co novo presidente da Asociación Xenerais do Entroido da Bandeira.

Despois de 3 anos dunha xestora, Alberto López Pérez ocupará a presidencia, cun equipo composto por Alberto García Fernández como vicepresidente, Diego Cangas Costa será o tesoureiro. Mariña López Rodríguez ocupará a secretaría, e como vogais Mara Rei Codesido, Adrián Villar Calviño, Diego Rodríguez Bahamonde e Lucrecia Balaguer Blanco.

"Intentamos buscar que haxa movemento no pobo e que non se perda a tradición, por eso nós puxemos á fronte da asociación".

"Gústanos moito o entroido, non só a festa senón os eventos que hai durante todo o día, tanto os desfiles como o alto dos xenerais".

"O director do CEIP Ramón de Valenzuela, José Casal, é unha persoa moi importante para a Bandeira e para o entroido, porque creou moitos xenerais. Dou a coñecer o entroido, tanto a nenos e nenas como ás persoas do pobo".

"Levamos varios anos facendo o desfile dos cabezudos, temos que agradecer a Cristina Collazo a súa axuda. Este ano tamén queremos recuperar o día da "vellada" en colaboración cos bares da zona".

A primeira documentación que se ten sobre o entroido dos Xenerais da Ulla corresponde ós anos 70 do século XIX. Alfredo Vicenti, ilustre político santiagués, publica a partir de abril de 1875 no xornal El Heraldo Gallego unha serie de artigos titulados “En las orillas del Ulla”. Un deses artigos titúlase “La máscara” e nel narra a formación dunha comparsa de entroido na parroquia de Oca, concello da Estrada. Posteriormente foron moitos os autores que escribiron artigos ou pequenas notas para difundiren esta tradición carnavalesca, entre outros, Bouza Brey, Manuel García Barros, Neira Vilas, González Reboredo, Mariño Ferro, Arca Caldas, Federico Cocho, etc.

O entroido dos Xenerais é privativo da comarca natural da Ulla, en concreto dos concellos de Boqueixón (parroquias de Lestedo e Sergude), A Estrada (Cora, Couso, Paradela, Santa Cristina de Vea e Santeles), Santiago de Compostela (Aríns, Marrozos, O Eixo), Silleda (A Bandeira, Dornelas, Lamela), Teo (Bamonde, Cacheiras, Lucí, Oza, Rarís, Recesende, Reis, Vilariño, Teo), Touro (Bama, Fao, San Xoán de Touro), Vedra (Illobre, San Xián de Sales, Trobe, Vedra e Vilanova), Vila de Cruces (Merza, Piloño, Salgueiros). Tamén se celebra na parroquia padronesa de Carcacía. Antigamente había así mesmo xenerais da ulla noutras parroquias onde hoxe se perdeu a tradición, como San Mamede de Ribadulla e San Miguel de Sarandón en Vedra, Gres e Brandariz en Vila de Cruces e Ledesma en Boqueixón, entre outras. En ningún outro lugar de Galicia, nin que se saiba de España nin de Europa Occidental, hai nada semellante.

Máis Información XENERAIS DA BANDEIRA:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/xeneraisdabandeira

✔️Instagram: https://www.instagram.com/xeneraisdabandeira_/

✔️YouTube: https://www.youtube.com/user/XeneraisdaBandeira

Máis Información XENERAIS DA ULLA:

✔️Páxina Web: https://xeneraisdaulla.gal/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/xeneraisdaulla.entroido

✔️Twitter: https://twitter.com/xeneraisdaulla

✔️Instagram: https://www.instagram.com/xeneraisdaulla/

Youtube:

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions