Hoxe a psicóloga Verónica Barros fálanos dun tema, que na nosa sociedade aínda é tabú.

"Sempre estamos tapando o suicidio e evitando falar do punto final ao que chegan moitos problemas de saúde".

"Temos moito que avanzar, as frases que se utilizan coloquialmente dan mostra dos estigmas que aínda ten a saúde mental".

"Os médicos de atención primaria síntense presionados porque non teñen os recursos precisos para poder diagnosticar e derivar aos pacientes aos especialistas".

Galicia é a segunda comunidade con maior taxa de suicidios, detrás de Asturias, e a quinta no número absoluto de suicidios. O ano pasado suicidáronse en Galicia 307 persoas: 220 homes e 87 mulleres.

Galicia ten unha taxa de 13,11 suicidios por cada 100.000 habitantes, case o dobre da media nacional que é do 7,79%, e por encima do 11,93% europeo, segundo a Memoria 2020 do Instituto de Medicina Legal de Galicia ( Imelga).

A Coruña é a provincia que máis suicidios rexistrou (135), seguida de Pontevedra (98), Lugo (43) e Ourense (31). En termos relativos, por cada 100.000 habitantes, tamén está na cabeza A Coruña (17,16 suicidios por cada 100.000 habitantes), seguida de Lugo (12,47), Pontevedra (10,72) e Ourense (10,02).

‍⚕️BARROS PSICOLOGÍA, Gabinete de psicoloxía especializado en trastornos do espectro autista e TDAH. Terapia individual e familiar, nenos e adolescentes, dificultades de aprendizaxe, problemas emocionais e de conduta, dificultades sexuais, terapia de parella...

Máis información BARROS PSICOLOGÍA:

✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia

✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/

️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast

Máis Información e entrevistas:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions