Hoxe a psicóloga Verónica Barros fálanos dun tema, no que a nosa sociedade aínda ten moito que evolucionar, a violencia contra as traballadoras sexuais.

O 17 de decembro commemórase o Día Internacional para poñer fin á violencia contra as traballadoras sexuais

"Prefiro o termo, mulleres en situación de prostitución ou vítimas sexuais, e non traballadoras sexuais".

"En realidade a visión que a sociedade ten da prostitución segue sendo a mesma que hai tempo. É un artigo de consumo que está normalizado".

"O 99% das mulleres, que coñecín, que estaban nesa realidade, non era porque quixeran. Eran vítimas de trata de persoas, con fins sexuais".

Por que celebrar este día?

En ocasións esquécesenos que as persoas que exercen este tipo de profesión, unha das máis antigas do mundo, tamén son seres humanos de carne e óso que teñen os mesmos dereitos que todos nós.

Talvez non esteamos de acordo coa súa forma de vida, talvez non nos agrade atoparnos con traballadoras sexuais, pero en realidade ese rexeitamento non é cara ao ser humano que temos á fronte, senón o que cremos que representa, que é un conxunto de conceptos e significados, que desexamos xustificar por medio de normas morais e crenzas relixiosas.

En realidade, este día non se trata de debater posturas, senón de loitar pola igualdade #ante a lei. O dereito que todo ser humano ten de vivir ben, de sentirse seguro, de ser respectado e de gozar dunha contorna tolerante.

Por esta razón cada ano as organizacións en prol dos dereitos das traballadoras sexuais lánzanse á rúa, a esixir que se lles garantan os dereitos que elas xa teñen simplemente por haber nado e ser cidadás do mundo.

‍⚕️BARROS PSICOLOGÍA, Gabinete de psicoloxía especializado en trastornos do espectro autista e TDAH. Terapia individual e familiar, nenos e adolescentes, dificultades de aprendizaxe, problemas emocionais e de conduta, dificultades sexuais, terapia de parella...

Máis información BARROS PSICOLOGÍA:

✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia

✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/

️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast

Máis Información e entrevistas:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions