Analizamos o blue Monday e o Día Mundial do Abrazo coa psicóloga Verónica Barros de Barros Psicología.

Segundo o psicólogo Cliff Arnall, o terceiro luns de xaneiro é o día máis triste do ano. Este ano 2022, o Blue Monday será o 17 de xaneiro. Pero... QUE HAI DETRÁS DESTE DÍA?

"Hai que ter moito coidado cando nos din que un día ou outro poden ser os máis felices ou tristes do ano porque suelen ser campañas publicitarias".

"A regulación emocional da rapazada é mellor cando reciben abrazos, favorecen a maduración cognitiva e a adquisición da linguaxe, a psicomotricidade…”

"As parellas que non se abrazan teñen máis tendencia á ruptura, hai que lembrar que cun abrazo segregamos oxitocina e endorfinas".

BLUE MONDAY.

A orixe do Día máis triste do ano se retrotrae a 2005 cando o psicólogo Cliff Arnall traballou nunha fórmula para determinar cal era o peor día do ano, con motivo dunha campaña publicitaria para a axencia de viaxes Sky Travel.

Ao final concluíu que o día máis deprimente do ano sería o terceiro luns de xaneiro, dado os excesos do Nadal, a frustración por non poder realizar os propósitos de aninovo e tamén pola falta de motivación. Aplica unha serie de fórmulas que foron moi criticadas.

DÍA MUNDIAL DO ABRAZO
O 21 de xaneiro é o Día Internacional do Abrazo, unha data creada por Kevin Zaborney, un estadounidense quen preocupado polas poucas mostras de afecto que realiza a xente en público mesmo cos membros da súa familia, pensou en crear unha festividade que lles brindará unha escusa de facer algo que a todos gústanos e é dar e recibir abrazos.

BENEFICIOS QUE APORTAN OS ABRAZOS

✔️Achegan seguridade: O ser humano é moi fráxil por natureza, sobre todo cando somos bebés, así que unha boa dose de abrazos axúdanos a sentirnos seguros e confiados.

✔️Provoca pracer: Cada vez que abrazamos a alguén ou nos abrazan o noso cerebro segrega dúas substancias que son a dopamina e a serotonina, ambas reducen o estrés e xuntas proporcionan calma, tranquilidade e acougo.

✔️Cobre as nosas necesidades afectivas: Unha persoa necesita diariamente 14 abrazos para sentirse plenamente querido. As persoas que non mostran afecto sofren de algo que en psicoloxía coñécese como fame de pel e non é máis que a necesidade de contacto humano.

✔️Permiten funcionar de mellor maneira: Cada abrazo axúdanos a centrarnos e manternos felices e funcionais cada día.

✔️A mellor cura contra a timidez: Permite ás persoas tímidas entrar en confianza, ser máis abertos, espontáneos e seguros de si mesmos.

✔️Diminúe a presión arterial: As persoas que non teñen moito contacto físico posúen unha frecuencia cardíaca e unha presión arterial moito máis alta que as persoas que reciben abrazos de maneira frecuente.

⚕️BARROS PSICOLOGÍA, Gabinete de psicoloxía especializado en trastornos do espectro autista e TDAH. Terapia individual e familiar, nenos e adolescentes, dificultades de aprendizaxe, problemas emocionais e de conduta, dificultades sexuais, terapia de parella...

Máis información BARROS PSICOLOGÍA:

✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia

✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions