A psicóloga Verónica Barros fálanos sobre a orixe psicolóxica de certas alerxias

A alerxia, segundo diversos estudos, pode facer a súa aparición por factores emocionais, tensións…

"Cada día está máis claro que o noso corpo reacciona contra substancias de orixe psicolóxico".

"Hai neuronas no cerebro e noutras partes do corpo, como no tracto dixestivo".

"Ante un problema como o estrés, o noso cerebro comeza a segregar caticolaminas e cortisol e esto pode xerar reaccións alérxicas".

CAL SERÍA A DEFINICIÓN DE ALERXIA?

✔️ Segundo a Web para pacientes alérxicos da Sociedade Española de Inmunología Clínica, Alergología e Asma Pediátrica (SEICAP), a alerxia é unha reacción de defensa do organismo contra substancias externas que penetran no corpo. Esas substancias poden penetrar polo aparello dixestivo (alimentos, medicamentos), polo aparello respiratorio (inhalantes), absorbidas pola pel (contactantes), ou atravesando a pel (inxeccións, picaduras). O sistema inmune do corpo recoñece esas substancias como estrañas e tenta neutralizalas. As persoas sen alerxia tamén as recoñecen como estrañas, pero o seu organismo neutralízaas sen danarse a si mesmo, mediante mecanismos chamados de tolerancia.

✔️ As persoas con alerxia téntanas neutralizar por mecanismos que se volven daniños contra o propio organismo, e causan os síntomas de alerxia. Os síntomas son variados e dependen do tipo de alérgeno que se trate.

QUE SUBSTANCIAS PODEN DAR ALERXIA?

✔️ Calquera substancia que poida causar alerxia chámase alérgeno. Os alérgenos principais son: ácaros, fungos, poles, animais, alimentos, medicamentos, látex, e velenos de abella e avespa.

EN QUE CONSISTE O TRATAMENTO MÉDICO?

✔️Consiste en: Antihistamínicos, desconxestionantes en pingas ou espray, esprays nasais con corticoides, inmunoterapia ou vacúa antialérgica.

Os psicólogos tamén investigan sobre a posible relación entre as alerxias e factores psicolóxicos (emocións, tensións, personalidade…).

✔️ Nunha investigación psicolóxica do 2002 de Gualberto Buela-Casal e colaboradores, conclúen que “debería facerse fincapé no estado actual da investigación sobre as relacións bidireccionales entre enfermidades biolóxicas e factores psicolóxicos”. Na súa investigación atoparon que “a gran maioría das veces non se coñece, nin a orixe de certas alerxias (que podería deberse a factores psicolóxicos ou non), nin a influencia que algúns factores psicolóxicos teñen no seu desenvolvemento. Igualmente ocorre ao contrario, é dicir, que é escaso o coñecemento sobre as implicacións que as alerxias poderían ter, ou sexa, sobre os seus efectos no funcionamento psicolóxico das persoas que as padecen. Atopámonos por tanto nun campo, no que se intúe que debe haber algo pero non se sabe que nin en que medida”. Neste estudo 22 son suxeitos alérxicos ao pole da oliveira e 206 non son alérxicos. Os resultados apuntan á existencia de diferenzas entre os grupos nas puntuacións obtidas nas escalas que avalían ansiedade social (temor á avaliación negativa e evitación e angustia social). O mesmo ocorre nas puntuacións obtidas en ansiedade xeral, avaliada a través do STAI (mediante os seus dous subescalas estado e trazo), e nas subescalas extroversión e neuroticismo do cuestionario de personalidade de Eysenck ( EPQ-A).

✔️Finalmente, conclúese que as diferenzas atopadas entre os grupos nas dúas probas ( STAI e EPQ-A) relaciónanse con compoñentes de tipo social que deben ser considerados en investigacións futuras.

‍⚕️BARROS PSICOLOGÍA, Gabinete de psicoloxía especializado en trastornos do espectro autista e TDAH. Terapia individual e familiar, nenos e adolescentes, dificultades de aprendizaxe, problemas emocionais e de conduta, dificultades sexuais, terapia de parella...

Máis información BARROS PSICOLOGÍA:

✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia

✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/

️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast

Máis Información e entrevistas:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions