No Día Mundial da Loita Contra o Cancro de Mama, a psicóloga Verónica Barros explica os procesos psicolóxicos aos que nós enfrentamos durante a enfermidade.

"En enfermidades de longa duración que non teñen un avance tan claro como outras, fai que aparezan uns síntomas, que inicialmente poden estar relacionados co estrés ".

"Este tipo de enfermidades fan que a persoa que as padece perdan a súa propia identidade".

"Cando pasamos por unha pequena fase, despois dun tempo, temos que detectar a sintomatoloxía psicolóxica que xa non é propia da enfermidade".

Escoitar tamén: "cambios psicolóxicos que pasamos cando pasamos por unha enfermidade".

https://www.ivoox.com/veronica-barros-psicologia-cambios-psicoloxicos-cando-pasamos-por-audios-mp3_rf_71740219_1.html

Como enfrontarse a unha enfermidade, dende o punto de vista psicolóxico.

As enfermidades xeran cambios a todos os niveis na vida das persoas que as padecen, pero tamén das persoas que apoian ou conviven co/a persoa que está pasando directamente coa enfermidade. Estes cambios son biolóxicos, sociais, familiares, laborais, ...

Dende a parte emocional, danse unha serie de cambios que fan que a persoa se vaia adaptando de forma natural ao proceso de enfermidade. Son fases que fan que nos adaptemos para mellorar a nosa calidade de vida:

✔️1. Incertidume e confusión. É o momento inicial, no cal nos acaban de dar a noticia de que algo vai mal, pero non sabemos realmente nada. Incluso podemos non saber o que realmente temos, e polo tanto, sentímonos perdidos. Neste caso, a tendencia é a buscar información. E, por conseguinte, tamén é importante evitar o efecto de amplificación da información, onde buscamos en internet todo o relacionado cos síntomas que pensamos que temos.

✔️2. Desconcerto. Cando recibimos o diagnóstico, pode ser a primeira vez que temos contacto con esa enfermidade en concreto, ou, como pasa no caso dos cancros, por exemplo, ter moi mala información sobre a mesma. Desta maneira, nestes momentos é moi normal sentir bloqueo emocional, e, posteriormente, pasar a ter sensacións de angustia, desamparo, medo, ... Neste momento é importante recibir información adecuada, contar con especialistas cerca e persoas de confianza nas que apoiarnos.

✔️3. Oposición e illamento. Pode ser que despois de recibir ese diagnóstico apareza a negación, para que así a nosa mente teña un respiro ou como defensa para asimilar o que ben e tomar un pouco de distancia fronte o que nos dixeron que vai pasar. Incluso tamén podemos precisar un pouco de distancia cos demais.

O importante é respectar os tempos e os estados de cada un.

✔️4. Rabia. Loxicamente, estar enfermo non é algo que desexemos, polo que é normal que nos frustremos e que nos doia estar padecen unha enfermidade (non é o momento, xusto agora, por que a min, ...). Todos estes pensamentos deben ser pouco a pouco xestionados, pero é bo saber que temos dereito a berrar ou a chorar de vez en cando. E isto debe ser tratado con naturalidade e comprensión polas persoas cercanas. Porque, moitas veces, os que están ao lado din...bueno, non te preocupes, non te poñas así, chorando non arranxas nada, ... pero chorar, de vez en cando, vennos moi ben. E non por chorar significa que esteamos nunha depresión, senón que pode ser a nosa mente intentando adaptarse.

✔️5. Tristeza. Despois da rabia pode vir a tristeza, que leve a illarse un tempo, e para así elaborar correctamente o que está sucedendo.

✔️6. Adaptación. Xa abordamos as cousas con máis serenidade. Aquí xa podemos avaliar a situación dunha forma máis racional.

Dicir que estas son unhas fases que se repiten en moitas situacións das nosas vidas e que temos que saber xestionar estes procesos que, a pesar de ser desagradables, son os que nos permiten avanzar e elaborar correctamente un duelo, xa sexa pola perda dun estilo de vida, pola perda dunha persoa, ou dunha relación. Cada proceso ao seu nivel, e coa súa temporalidade, pero cunhas fases moi similares, ao fin e ao cabo.

Recordar que todo ten a súa parte boa e a súa parte mala, e a vida non ía a ser diferente.

‍⚕️BARROS PSICOLOGÍA, Gabinete de psicoloxía especializado en trastornos do espectro autista e TDAH. Terapia individual e familiar, nenos e adolescentes, dificultades de aprendizaxe, problemas emocionais e de conduta, dificultades sexuais, terapia de parella...

Máis información BARROS PSICOLOGÍA:

✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia

✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/

️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast

Máis Información e entrevistas:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions