A psicóloga Verónica Barros fálanos sobre sexualidades e diversidade no Día internacional do orgullo LGTBIQ+.

Estas siglas definen a terminoloxía da diversidade.

A realidade é que, así como hai tantas personalidades como persoas, hai tantas sexualidades como persoas sexuadas.

"Hai tantas personalidades como persoas, e hai tantas sexualidades como persoas sexuadas.".

"No día do orgullo defendese que cada un de nós temos que ter o dereito de ter os sentimentos, a atracción e a orientación cara a persoa que queiramos".

"A ignorancia fai que nós acheguemos aos demáis dunha forma moi negativa. Unha vez que abrimos a nosa mente e temos contacto con diferentes formas de pensar, con diferentes culturas e orientacións podemos comprender aos demáis".

Día internacional do orgullo LGTBIQ+. Que hai detrás de todas esas letras?

Isto é importante para entender por qué debe existir un día do orgullo LGTBIQ+, e tamén por que cada día hai máis iniciais nesa denominación, pasando, ao comezo do seu uso, nos anos 90, de orgullo LGB a algo tan completo como a denominación actual, na que incluso se inclúe o símbolo da suma.

Nalgúns casos se lle engade a P, en referencia á pansexualidade, a A de asexualidade ou a AN de antrosexualidade.

Existen certas terminoloxías máis comunmente coñecidas, mentres que moitas outras quédanse normalmente en palabras que a mairía da poboación non coñece. Por iso imos facer un repaso, xa que coñecer unha realidade fai que a entendamos mellor, e a comprensión aumenta a tolerancia.

Comezamos por tres termos que son xeneralmente coñecidos: lesbiana, gay e bisexual. A “L”, a “G” e a “I”.

✔️L: Lesbiana. Homosexualidade feminina. Orientación sexual na que unha muller ten o seu desexo orientado cara a outra muller.

✔️G: Gay. Homosexualidade no cal un home ten o seu desexo orientado cada a outro home.

✔️B: bisexual. Cando alguén ten desexo ou atracción cada a persoas independentemente do seu sexo biolóxico.

Nestes casos, en todos, estamos falando de orientación sexual, é dicir, de cara onde se orienta o noso desexo ou atracción.

Pero a sexualidade non é só orientación, senón tamén identidade sexual.

Nacemos cun sexo biolóxico, pero danse moitos casos nos que podemos non sentirnos identificados con ese sexo do que partimos. Entón estaríamos ante diversos casos: a intersexualidade ou a transexualidade ou transxénero.

✔️I: intersexual. A intersexualidade é algo moi descoñecido pero á vez moi frecuente. Neste caso, a persoa, cando nace, nace con ambos sexos físicos (home-muller). O sexo é asignado, polo tanto, por un/ha profesional, que ben determinado, na maioría dos casos, polos xenitais, e polo tanto, danse moitas dificultades, xa que a identidade da persoa pode non corresponderse con esa asignación tan aleatoria. Polo tanto, neste caso, non falamos de orientación senón de identidade sexual.

✔️T: Transxénero, transexuais. A transexualidade é o caso dunha persoa cuxa identidade sexual ou de xénero non coincide co sexo asignado ao nacer. Neste caso non é que parta dos dous sexos, senón dun, co que non se identifican. De tal maneira que hai que apoiar e intervir para conseguir o sexo co que realmente se identifique esta persoa. Hai variedade de casos.

✔️Q: Queer, que se emprega para designar ás persoas que non se consideran nin heterosexuais, nin heteronormativas e tampouco se atopan dentro do xénero binario. Ou genderqueer. É aquela persoa que non se identifica nin como home nin como muller, senón como unha terceira categoría parte, o terceiro sexo, como unha identidade intermedia ou ningunha.

✔️+: calquera outra identidade que se quede no medio de todas as anteriores ou de ningunha delas.

✔️Cisexual: Identidade concordante cos papeis sociais ou de xénero asignado a unha persoa.

✔️Sexo fluido: persoas con identidade sexual genderqueer que rotan a súa identidade de xénero, adecuándose ao contexto social ou persoal no que se atopen.

✔️Demisexual: persoa cunha orientación sexual dirixida a persoas so despois de que se forme unha forte conexión emocional con esa persoa.

✔️Polisexual: Atracción sexual, emocional, ... por diversos sexos sin discriminar entre eles.

✔️Pansexualidade: Orientación sexual cara todos os tipos de sexos.

✔️Antrosexual: Persoas que descoñecen a súa orientación sexual, pero existe unha flexibilidade sexual que lles permite desarrollar vínculos amorosos con persoas de calquera sexo e identidade. Combina demisexualidade, bisexualidad e pansexualidade, pero tendo en cotna que os antrosexuais descoñecen a súa orientación sexual.

‍⚕️BARROS PSICOLOGÍA, Gabinete de psicoloxía especializado en trastornos do espectro autista e TDAH. Terapia individual e familiar, nenos e adolescentes, dificultades de aprendizaxe, problemas emocionais e de conduta, dificultades sexuais, terapia de parella...

Máis información BARROS PSICOLOGÍA:

✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia

✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/

️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast

Máis Información e entrevistas:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: @pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas