No Día de difuntos, a psicóloga Verónica Barros explica os procesos psicolóxicos aos que nós enfrentamos durante esta xornada.

Día de defuntos é o día escollido pola Igrexa Católica para orar polos finados, celébrase o día 2 de novembro. A data escollida relaciónase con festividades pagás europeas coma o Samaín ou o magosto.

"Este día trátase da visión que temos nós da morte, na nosa cultura segue sendo dende unha perspectiva de pérdida".

"Temos unha forma moi negativa de vivir as perdas. Temos que superar as perdas a través do tempo e seguir adiante".

"Non facemos nada perdendo a nosa vida polo recordo de outra persoa. Unha terapia que nós axuda a superar a perda é escribir unha carta de despedida á persoa querida".

Dende o século II, algúns cristiáns pregaban polos falecidos, visitando os túmulos dos mártires para rezar polos que morreran. No século V, a Igrexa dedicaba un día do ano para rezar por todos os mortos, polos cales ninguén rezaba e aos cales ninguén lembraba. Tamén o abade de Cluny, Santo Odilón, en 998 pedía aos monxes que orasen polos mortos. Dende o século XI os Papas Silvestre II (1009), Xoán XVII (1009) e León IX (1015) obrigan á comunidade a dedicar un día aos mortos.

No século XIII ese día anual pasa a conmemorarse o 2 de novembro, porque 1º de novembro é a Día de Todos os Santos. A doutrina católica evoca algunhas pasaxes bíblicas para fundamentar a súa posición (cf. Tobías 12,12; Xob 1,18-20; Mt 12,32 e II Macabeos 12,43-46), e apóiase nunha práctica de case dous mil anos.

Segundo León Denis, o estabelecemento dunha data específica para a conmemoración dos mortos é unha iniciativa dos druídas, persoas encargadas das tarefas de aconsellamento, ensino, xurídicas e filosóficas dentro da sociedade celta, que crían na continuación da existencia despois da morte. Reuníanse nos lares, e non nos cemiterios, no primeiro día de novembro, para homenaxear e evocar os mortos.

A tradición de asistir ao cemiterio para pregar polas almas dos que xa abandonaron este mundo, está acompañada dun fondo sentimento de devoción, onde se ten o convencemento de que o ser querido que marchou e pasará a unha mellor vida, sen ningún tipo de doenza, como sucede cos seres terrenais.

En Francia a xente de todos os rangos e credos decora as campas dos sepulcros dos seus mortos na Fête des morts.

No centro e sur de México e en América Central (que en conxunto compoñen a rexión coñecida como Mesoamérica) conmemórase a festa do Día dos mortos, unha festa ben característica da cultura mexicana e que atrae a moitos turistas de todo mundo. Mestúranse elementos de indixenismo e do sincretismo resultou unha orixinal celebración distinta das outras nacións católicas. Esta festa inclúe por tradición un altar de mortos que consiste nunha serie de enfeites florais acompañados da comida favorita do finado; ademais de retratos e outros detalles.

Nas zonas andinas de América do Sur, especialmente en Ecuador, Perú e Bolivia, o costume é preparar e intercambiar entre familiares e amigos as guaguas de pan para consumir coa chicha morada que nalgunhas áreas rurais son tamén ofrendas principais nos cemiterios.

‍⚕️BARROS PSICOLOGÍA, Gabinete de psicoloxía especializado en trastornos do espectro autista e TDAH. Terapia individual e familiar, nenos e adolescentes, dificultades de aprendizaxe, problemas emocionais e de conduta, dificultades sexuais, terapia de parella...

Máis información BARROS PSICOLOGÍA:

✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia

✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/

️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast

Máis Información e entrevistas:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions