A psicóloga Verónica Barros analiza os problemas que pode causar o consumo de marihuana no DÍA MUNDIAL DA MARIHUANA:

"A xente busca controlar a ansiedade con esta sustancia, pero non é a solución".

"Socialmente comeza a ser aceptado e eso é o perigoso".

"Os problemas do consumo son físicos e psicolóxicos".

"O efecto principal do cannabis é o de ter dificultades de aprendizaxe".

"Os efectos vense a longo prazo".

Durante o confinamento, o consumo de cannabis, alcol e outras drogas reduciuse. A cambio deuse un aumento claro no consumo de hipnosedantes.

Con todo, o que se está observando actualmente é o aumento, de novo, de consumo de cannabis, especialmente en persoas que antes non eran consumidoras, e, sobre todo, en persoas que buscan nesta substancia relaxación e tranquilidade.

Agora ben, debemos ter coidado con esta substancia, xa que, a pesar dos mitos que existen sobre a mesma, a realidade non é tan bonita como a pintan, xa que o cannabis:

SI xera adicción. Xa que estimula os circuítos cerebrais de recompensa

Vén de substancias naturais, pero tamén os velenos fano e non por iso son bos.

SI ten consecuencias negativas no noso día a día: falta de motivación, falta de concentración, afecta o desenvolvemento e crecemento, entre outras moitas.

Pode desencadear problemas psicolóxicos e psiquiátricos graves: depresión, ansiedade, psicose, ...

Xera o coñecido como SÍNDROME AMOTIVACIONAL, que se manifesta a través de apatía, falta de efectividade, dificultade para concentrarse, incapacidade para manter a atención, desgana, ...

Quizais sexa mellor, entón, buscar apoio en profesionais para lograr unha redución da ansiedade que podamos estar vivenciando, eliminando así os efectos secundarios e, sobre todo, non correndo riscos de problemas máis graves.

Non xeremos un problema para solucionar outro.

‍⚕️BARROS PSICOLOGÍA, Gabinete de psicoloxía especializado en trastornos do espectro autista e TDAH. Terapia individual e familiar, nenos e adolescentes, dificultades de aprendizaxe, problemas emocionais e de conduta, dificultades sexuais, terapia de parella...

Máis información BARROS PSICOLOGÍA:

✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia

✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/

️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast

Máis Información e entrevistas:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions