Cada xoves abrimos unha fiestra para visibilizar proxectos relacionados coa igualdade. Hoxe falamos con Uxía Rodríguez que fai balance da súa participación como mecánica de competición no mundial de Moto3.

"Sempre recordarei a primeira victoria do equipo en Austín, lembro cada momento dese día".

"Ofrecéronme facer o campeonato europeo o ano que ven. Gustaríame seguir nas carreiras e ser un exemplo para a rapazada".

"Tuven ao lado persoas marabillosas, que axudaron moitisimo e que gracias a elas aprendín un oficio".

Uxía Rodríguez foi alumna de Secundaria no IES Antón Losada, no que fixo tamén primeiro de Bacharelato. Tamén estudou no CIFP Politécnico de Santiago, no ciclo medio de electromecánica de vehículos automóbiles para logo buscar opcións para poder traballar no que é a súa paixón auténtica: as motos de competición. Na Escola Técnica Xirona (ETC Racing) atopou o que estaba a buscar. Na actualidade cursa nela simultaneamente o segundo curso do ciclo de mecánica de competición de motos e un ciclo superior de automoción. Ao terminar, fará un Máster en telemetría, unha especialidade centrada en interpretar os sinais dos sensores das motos.

As prácticas de segundo curso de Uxía foron no pasado mundial de Moto3. Uxía foi mecánica de competición do equipo italiano feminino Angeluss —un subequipo do MTA— e percorreu os 21 circuítos de todo o mundo nos que se disputaron as carreiras.

O ano que ven participará no campionato europeo de motociclismo.

Máis Información da ASOCIACIÓN DE IGUALDADE E MULLERES DA ESTRADA:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057569194703

Máis Información de SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE:

✔️ Páxina Web: http://igualdade.xunta.gal/gl

✔️ Facebook: https://www.facebook.com/empregoeigualdadegalicia

✔️ Twitter: https://twitter.com/igualdadegal

✔️ Instagram: https://www.instagram.com/igualdadenarede/

✔️ YouTube: https://www.youtube.com/user/igualdadexunta

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions