Para contrarrestar a inestabilidade e incerteza na que vivimos desde hai dous anos, A banda da Loba escolleu como primeiro sinxelo un tema divertido, entusiasta e emotivo, que ademais dálles pé a desvelar o camiño conceptual do seu novo disco. Falo con Xiana Lastra sobre este novo traballo e sobre o videoclip de lanzamento (ver vídeo ).

: https://www.youtube.com/watch?v=egc89ECm3F0

"O novo disco, "Xabón Lagarta" que sairá a finais de abril, tira do fío da vida das lavandeiras, e dos lavadoiros como espazo de confidencias de insumisión e liberdade".

"Co vídeo queríamos transmitir que cada un ten a súa tribo, a súa manda. No videoclip sae unha pequena representación da nosa, que para nós é toda a xente que nós sigue, nos nosos concertos e nas redes, e que nós dan a súa enerxía".

"A idea de sair con "TRIBO" como primeiro sinxelo foi porque nun momento como este fai falla algo de "buenrrollismo". Cremos que eso é o que fai "TRIBO", cando ves o vídeo arráncache un sorriso".

A BANDA DA LOBA definen TRIBO da seguinte maneira:

"TRIBO", manda, comunidade... a rede de coidados que nos sustenta no noso día a día. Esta canción é o primeiro adianto do disco "Xabón Lagarta", inspirado no universo vital das lavandeiras e neses espazos de liberdade, confidencias e insubmisión que eran os lavadoiros. O pasado e o presente. As experiencias e as conquistas herdadas. O berro confiado porque antes outras berraron por nós. A busca do noso lugar nesta gran espiral que é a vida. Como? Apoiándonos na nosa manda!

Aquí estou para ti.
Aquí estás para min.
Somos tribo, somos manda, bandoleiras do país!

FICHA TÉCNICA:
Letra e música: A banda da Loba
Gravación e mastering: Arturo Vaquero (Abrigueiro Estudios)
Vídeo: Seispés Producións Creativas

A BANDA DA LOBA

A banda da Loba é unha das formacións máis consolidadas do panorama musical galego actual. Coa poesía e a lingua por bandeira, ofrécennos composicións propias con letras tamén súas ou inspiradas nos poemarios de escritores/as clásicos/as e contemporáneos, nas que tratan temas importantes para elas coma a diversidade, a identidade, a memoria ou o feminismo.

Está formada por Andrea Porto (baixo), Estela Rodríguez (violín), Inés Mirás (guitarra), Marcela Porto (percusión) e Xiana Lastra (voz). Música comprometida cun selo persoal e característico que fai do seu repertorio un fantástico caleidoscopio musical compatible con todo tipo de público.

Discografía

En decembro de 2017 saíu á rúa o seu primeiro traballo discográfico, “Bailando as rúas”, co que acadaron un gran éxito, dando máis de setenta concertos en ano e medio, dentro e fóra do noso territorio.

Trala boa experiencia na primeira toma de contacto como banda, a finais de 2019 presentan “Fábrica de luz”, co que foron finalistas nos Premios MIN na categoría de mellor disco en lingua galega: Fábrica de luz é un traballo de creación, reflexión e homenaxe en torno á idea de nai entendida nun sentido amplo. A lingua e a terra, son as primeiras nais, fábricas de luz. As creadoras que nos precederon e as que nos acompañan nesta viaxe son tamén fábricas de luz. As nosas nais, as vosas nais, todas as nais son fábricas de luz. Son fogar, tempo e amor incondicional. Son poder, loita e memoria. Son todo o que nos permite ser hoxe tamén fábrica de luz.

No 2021 estrean "Hasme oír", un EP dedicado a Xela Arias composto por catro cancións baseadas na obra da autora e que se titulan como os seus catro poemarios publicados: "Tigres coma cabalos", "Intempériome", "Denuncia do equilibrio" e "Darío a diario". O fío conductor que as une... interludios musicais con versos recitados da mesma autora.

Malia os difíciles tempos para a música por mor da pandemia, A banda da Loba seguiu a ser unha das bandas que máis tocaron en Galicia nos dous últimos anos. Por esta razón, este ano presentan novo disco e novo espectáculo: "Xabón Lagarta".

Premios

Son gañadoras de importantes premios como o Aritmar Galiza e Portugal á mellor canción en lingua galega, que compartiron con Salvador Sobral como gañador á mellor canción en lingua portuguesa ou o Martín Códax da Música Galega na categoría de pop/indie no 2021. Fóra do ámbito estritamente musical Fademur e a Deputación da Coruña déronlles o premio polo Día Internacional da Muller Rural no ano 2019 e concedéuselles tamén o Premio San Martiño de Normalización Lingüística no 2020.

Máis Información de "A BANDA DA LOBA":

✔️Páxina Web: https://abandadaloba.gal/

✔️YouTube: https://www.youtube.com/channel/UCZkJHlvbIRyXE0qSwMRgSzg

✔️Spotify: https://open.spotify.com/artist/0CDzdr8pmN623ifZ9oEuVH?si=A7hC-zAqSQOqATMHEqticA

✔️Itunes: https://music.apple.com/us/artist/a-banda-da-loba/1309585510

✔️Facebook: https://www.facebook.com/abandadaloba

✔️Instagram: https://www.instagram.com/abandadaloba/

Máis Información SEISPÉS PRODUCCIÓNS CREATIVAS:

✔️Páxina Web: https://seispes.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/seispes

✔️Twitter: https://twitter.com/seispes

✔️Instagram: https://www.instagram.com/seispesproducionscreativas/?hl=en

✔️YouTube: https://www.youtube.com/user/SeipesProducions

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions