A Asociación Cultural República Musical Mardi Gras presenta un disco recopilatorio con 20 bandas e solistas.

Falo con Tomi Legido.

"A orde das cancións é moi importante neste CD. Podemos atopar diferentes estilos, en castelán, inglés e galego".

"O acto de presentación sirveu para que se vira moita xente que non se vía dende facía moito tempo, foi moi emotivo".

"Nun primeiro momento fixemos 1.000 copias do disco e antes de subilo ás plataformas dixitais queremos vendelas para recadar cartos para axudar ao sector da música".

"Este CD non sería unha realizade sen os socios/as da Asociación Cultural República Musical Mardi Gras".

O disco foi masterizado en A Coruña pola empresa local Microrec e contou co deseño gráfico de Isaac Peces, tamén Dj. que visita con frecuencia o cirduito de salas galegas. A variedade musical é unha das características do Cd que comeza coa rockeira Arriba Coruña de La Banda del Camión e péchase con Mardi Café, de Las Antonias, homenaxe á sala Mardi Gras. Estas son as vinte bandas e artistas que fixeron posible o lanzamento do disco: La Banda del Camión, 7 Puertas, Superfuzz, Vincent Black Shadow, Dagla, Tunduru, Elman, Punk para Perretes, Furacán, Cloaca, Mar de Fondo, Zénzar, Apolo Colective Club César de Centi, Silvia Penide, Paris Joel, Devalo, Zabala e Las Antonias.

Dentro do disco hai un texto de presentación e unha serie de agradecementos. Tamén o fotógrafo César Quián cedeu unha fotografía de Jaime Manso, falecido dono da mítica tenda de discos "Portobello" que aparece no interior do libreto como persoa que máis Cds de Música local vendeu na historia, ademais de por outras moitas virtudes. Nos agradecementos faise referencia a Yolanda Villa, dona de Mardi Gras, a Cristina do Bâbâ bar e a Nonito Pereira, outras persoas clave na música da Coruña.

A recadación lograda coa venda dos discos, financiada coas cuotas de socios e aportacións, será destinada a crear o Fondo de Anticipos Republicanos, un sistema de adianto de cartos a profesionais do sector da música que pretende funcionar ao longo do tempo para axudar a aqueles que vexan que os pagos van chegar tarde e precisen os cartos con urxencia.

Puntos de venda do disco:

Correo eléctronico: [email protected]

Rock Box (Pérez Cepeda)

Psicodelia (Rúa Nova)

Re Read (San Andrés)

La Galleta Music Shop (Estrecha San Andrés)

Cervecería Creedence Rock (Manuel Murguía)

Bar Chaflán (Antonio Viñes)

Café Doré (Ronda de Nelle)

The Black Dog Tavern (Ciudad Vieja – Colegiata)

Confitería cafetería Migas (Calle Torre 102)

Kirei Estética y bienestar (Zalaeta 11 bajo D)

Admon de Fincas Novo Mesoiro (Avda Novo Mesoiro 28)

Estes puntos de venda seguiranse ampliando.

✔️AC REPÚBLICA MUSICAL MARDI GRAS é un proxecto colaborativo que inclúe a protección das salas coruñesas, agrupadas na campaña #ApoyaTuSala (Mardi Gras, Jazz Filloa, Garufa Club, e o propio Bâbâ, pechado xa). A plataforma como todos os proxectos culturais crece e evoluciona propoendo outro tipo de actividades culturais.

Máis Información AC REPÚBLICA MUSICAL MARDI GRAS:

✔️Correo eléctronico: [email protected]

✔️Facebook: https://www.facebook.com/AC-Rep%C3%BAblica-Musical-Mardi-Gras-102081098377359/about/?ref=page_internal

✔️Instagram: https://www.instagram.com/republicamusicalmardigras/

¿QUE DEBO FACER SE QUERO SER SOCIO/A?

1º Cubrir este formulario: https://bit.ly/3pwHwrP

2º Pagar a cota. No propio formulario está o número de conta. Son 10€ de cota de alta na asociación (isto págase só a primeira vez) + 20 de cota de 2021.

Se ingresas máis dos 30 euros considérase Donativo para a asociación.

En caso de pago de cota familiar (está explicado no formulario) podes indicalo nun correo electrónico.

E con iso xa serás socia ou socio desta República.

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

Máis Información e outras entrevistas:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions