Laura López, de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe falamos das Tendencias en redes sociais do 2024.

Fai algo menos de dúas semanas publicábase unha nova edición do Estudio de Redes Sociales de IAB Spain. Este é un estudo anual elaborado pola Interactive Advertising Bureau (IAB), que é a maior asociación mundial de publicidade, marketing e comunicación dixital. Está presente en 47 países e,
no caso de España, arrancou a súa actividade no 2001.

"En España, o 86% dos internautas entre 12 e 74 anos empregan as redes sociais, o que representa arredor de 30,3 millóns de individuos".

"A media de intensidade de uso de redes sociais sitúase en 1 hora e 8 minutos ao día".

"Se se ten que falar dun formato estrela, unha vez máis, son os vídeos verticais, que son clasificados como o contido máis eficiente das redes sociais".

O informe analiza o uso e as tendencias das redes sociais no país, proporcionando unha visión detallada sobre como os usuarios interactúan con estas plataformas, as súas preferencias, os hábitos de consumo ou as tendencias emerxentes. Deste xeito, convírtese unha ferramenta interesante para as empresas, xa que estas poden aproveitar os datos para as súas estratexias de marketing dixital.

Como é o usuario de redes sociais?

Na actualidade, o 86% dos internautas entre 12 e 74 anos empregan as redes sociais, o que representa arredor de 30,3 millóns de individuos. Malia que non hai grandes diferenzas, hai un chisco máis de mulleres (53%) ca homes (47%) en rede sociais, sendo a idade medio do usuario de 41 anos. Do mesmo xeito, hai unha maior penetración nas mulleres (89%) que en homes (83%), especialmente entre os xoves de 18 a 24 ano de idade (94%) e os adultos de 35 a 44 anos (91%).

De feito, estes últimos, tanto a Xeración Z coma os Millennials empregan de promedio seis redes sociais.

✔️Uso de redes sociais

A media de intensidade de uso de redes sociais sitúase en 1 hora e 8 minutos ao día. Unha vez máis, son os usuarios de 18 a 24 anos (1:29 horas) os que máis horas pasan conectados, seguidos de aqueles entre 25 e 35 anos (1:21 horas). E, se se fala das redes sociais nas que máis tempo pasan os usuarios, temos que mencionar Spotify, TikTok, WhatsApp, YouTube, Twitch, Instagram e Tinder. Precisamente, os usos máis frecuentes que os usuarios lles dan ás redes sociais son entreterse, interactuar e informarse, aínda que é preciso destacar que entre as mulleres tamén destaca a busca de inspiración e seguir tendencias e, nos homes, coñecer xente.

Malia que non hai diferenzas significativas no uso de redes sociais entre homes e mulleres, si o hai na preferencia dunha ou outra rede social. Mentres que WhatsApp, Instagram, Facebook, TikTok, Pinterest, Snapchat e BeReal son as máis populares entre as mulleres, no caso dos homes a preferencia atópase en X, Telegram, Twitch, Discord ou Reddit.

✔️Contido en redes sociais

O contido máis consumido son as fotografías (co 55% das interaccións), os Reels (co 31,5%), que experimentaron un crecemento do 96% respecto ao anterior informe e os carruseles (8,9%). É por isto, que se se ten que falar dun formato estrela, unha vez máis, son os vídeos verticais, que son clasificados como o contido máis eficiente das redes sociais. Así, por exemplo, en Instagram, o formato Reel é un +5% máis eficiente que os formatos estáticos, mentres que en YouTube, o formato Short medra e é un 96% máis eficiente que un formato de vídeo tradicional. E, se falamos de TikTok, onde o contido é exclusivamente desta tipoloxía, destaca por ser unha das redes sociais máis coñecidas e empregadas. Así mesmo, neste formato, as temáticas máis consumidas son os titoriais, os vídeos de humor, musicais, explicativos e informativos.

E, outro aspecto a destacar é que case 6 de cada 10 usuarios prefiren o contido duradeiro fronte ao efémero. É dicir, en termos xerais, as stories non son o contido favorito dos internautas.

✔️Compras en redes sociais

As redes sociais son un medio axeitado para proporcionar información sobre productos e servizos e axudan a comparar alternativas no proceso de compra. Sen embargo, só un 14% dos usuarios realizan compras a través destas plataformas. As redes sociais preferidas para esta porcentaxe de usuarios, son Facebook, Instagram e WhatsApp, aínda que as tendas online seguen sendo a opción preferida para as compras en liña.

✔️A aplicación de IA

Este informe tamén mostra as tendencias emerxentes e dá voz aos expertos e, estes, non perden a oportunidade de destacar a potencia das intelixencias artificiais. Estímase que o 20% dos profesionais teñen empregado algunha aplicación para xerar ou analizar contidos en redes sociais e, as máis empregadas serían Copilot (16%), Lately (16%) e Chat GPT (8%). Do mesmo modo, aseguran que a adopción de IA no ámbito das plataformas sociais non só facilita o traballo dos expertos, senón que tamén contribúe á innovación e eficiencia nas estratexias dixitais. En definitiva, o Estudio de Redes Sociales 2024 é unha ferramenta valiosa para profesionais do marketing e a publicidade pero tamén para calquera empresa ou negocio que busque mellorar a súa presenza e estratexias en redes sociais

Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:

✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion

✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom

✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/

️"SUSCRÍBETE" ao podcast.

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions