Susana Sánches Aríns presenta na Estrada, "SuperUlex" a primeira SuperHeroína galega. Un libro que narra as aventuras de Clara Quem.

02/12/2021
20:30
️MOME, A Estrada.

"Cando escribía pensaba en profes e profas, máis que en papás ou mamás. Creo que o libro está recomendado para lectoras de 13 anos en diante. Temos moito que aprender deste libro".

"SuperUlex gústalle moito ás adolecentes, ás lectoras máis mayores quédanse coa bisa Rorita. Hai unha polarización das fans según a idade".

"Moita xente me está a pedir unha precuela da bisa, contando a orixe de onde ven a Rorita".

"Todo o mundo sacou libro na pandemia, menos Celso Sanmartín máis eu".

"Quería defender o dereito das toxos a sermos toxos, reivindicar o toxerío".

Clara Quem, SUPERULEX, é unha moza á que a químio afastou da sua escola durante semanas, pero ao regresar, todo nela mudou. Xa non é a mesma e non pode ficar indiferente perante as injustizas e atropelos que acontecen à sua volta, veñan de quen veñan. A sua forza e reflexos vense afetados de xeito descomunal, tanto que nen ela mesma é capaz de controlalos. Deixou de ser Clara para se converter, coa axuda da avoa Rorita e da tropa fandanga, en SuperUlex, a heroína que todas estábamos a agardar.

SuperUlex é a novela que deberían ler todas as rapazas adolescentes, porque nela fálase da fortaleza e da necesidade que temos como sociedade de reaccionar e mobilizarnos a prol da defensa dos nosos recursos e formas de vida.

O relato, dividido en pequenos capítulos, consegue facernos escachar coa risa, sobre todo cando Rorita e Clara falan sobre o pasado e a que será a misión desta no mundo: actuar no local para mudar o mundo, e demostrar que as nenas e as mulleres tamén poden ser heroínas, e non soamente musas que inspiran aos poetas homes. SuperUlex concíbese coma un relato que toma partido, que promove unha revolución interior e que fomenta a capacidade crítica das persoas que nos achegamos a el, característica que comparte cos demais libros desta autora que, para min, é das máis orixinais da literatura galega actual.

‍♀️COÑECE MELLOR A SUPERULEX: http://www.radioestrada.com/images/Audios/09-10-2020-Entrevista-SUSANA-SANCHES-ARINS-SUPERULEX.mp3

MERCAR O LIBRO: https://cuartodeinverno.com/libros/5/superulex

Máis Información “SUPERULEX”:

✔️ Instagram: https://www.instagram.com/super_ulex/?hl=af

Máis Información “SUSANA ARÍNS”:

✔️ Facebook: https://www.facebook.com/susana.arins

✔️ Twitter: https://twitter.com/lg_casulos

✔️ Linkedin: https://es.linkedin.com/in/susana-arins-39378847

Máis Información “CUARTO DE INVERNO”:

✔️ Páxina Web: https://cuartodeinverno.com/

✔️ Facebook: https://www.facebook.com/Cuarto-de-Inverno-109193500538153/

✔️ Twitter: https://twitter.com/CuartoInverno

✔️ Instagram: https://www.instagram.com/cuartodeinverno/

✔️ Correo: [email protected]

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions