Pere Tobaruela e Víctor Boullón preséntannos unha proposta nova para xogar coas palabras e voar coas imaxes: un álbum ilustrado composto todo el de palíndromos, esas palabras que igual se len ao dereito que ao revés.

Sabes o que son os palíndromos? Palíndromo vén do grego palin e dromos: volver e ir para atrás. Son, pois, esas palabras que se poden ler igualmente de esquerda a dereita ou ao revés.

Este incrible conto está feito todo el de palíndromos. Pero non só os textos. As imaxes tamén convidan a buscar ese mundo de simetrías, ese xogo de espellos...

Así nolo contan os seus autores:

«Palíndromo, do grego palin e dromos: volver e ir para atrás. Ou dito doutra maneira: xogar coas palabras. Pois a Víctor e a Pere non só nos gusta xogar coas palabras, tamén xogamos coas imaxes. Pasámolo ben así e agardamos que as lectoras e lectores que vos mergulledes neste conto de SoñoS tamén o pasedes de marabilla. Levamos uns anos facendo proxectos xuntos, pero nunca fixemos un libro coma este, no que deixamos voar a nosa imaxinación ata límites insospeitados. Máis nada, xoguemos, soñemos!».

"SoñoS é unha poesía escrita a través de palíndromos".

"Victor Boullón non só fixo a ilustración do libro, creou pequenos cadros, fixo unha obra de arte".

"Canto máis se faga pola visibilidade da cultura benvido sexa".

✒️Pere Tobaruela naceu en Barcelona en 1965 e vive dende hai anos en Rois (A Coruña). É por isto que alterna a escrita en catalán e en galego. Con máis de corenta títulos publicados, transita por diversos xéneros literarios: libro ilustrado, banda deseñada, ensaio, biografía, conto, novela... Dentro da súa produción novelística atopamos obras infantís e xuvenís e tamén para o público adulto.

Máis Información PERE TOBARUELA:

✔️Páxina Web: https://gl.wikipedia.org/wiki/Pere_Tobaruela

✔️Facebook: https://www.facebook.com/Pere-Tobaruela-autor--104127467687839

✔️Twitter: https://twitter.com/peretobaruela

✔️Instagram: https://www.instagram.com/peretobaruela/

️Víctor Boullón naceu en Compostela en 1979. Estudou na Escola de Arte Antonio Faílde de Ourense. Ten feito traballos de deseño, carteis, portadas de libros e ilustracións para publicidade. É autor de Aleida, cidade sen alma.

Máis Información VICTOR BOULLÓN:

✔️Linkedin: https://www.linkedin.com/in/victor-boullon-gomez-37b3461b/?originalSubdomain=es

✔️Facebook: https://www.facebook.com/victor.boullongomez

✔️Instagram: https://www.instagram.com/victorboullon_ilustrador/

Máis Información ALVARELLOS EDITORA:

✔️Páxina Web: https://alvarellos.info/tenda_catalogo.asp?id=268

✔️Facebook: https://www.facebook.com/alvarelloseditora/

✔️Twitter: https://twitter.com/alvarellos_ed

✔️Instagram: https://www.instagram.com/alvarelloseditora/

Máis Información COLECCIÓN VERDEMAR:

✔️Twitter: https://twitter.com/verdemar_libros

️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast

Máis Información e outras entrevistas:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions