Sofía Elsa, naceu no Canadá. De nai galega e pai dos paises baixos, leva dende novembro afincada en Ribeira, A Estrada. Con 19 anos decideuse por compoñer e producir este primeiro tema da súa carreira, "In the Dark".
A gravación da parte vocal levouse a cabo no estudo Edisco da Estrada con Fernando Campos, do cal Sofía Elsa di que aprendeu moito e agradece a súa profesionalidade e dedicación.

"Exploro o tema da escuridade, pero dunha maneira positiva: para moitos de nós o confinamento obrigounos a enfrontarnos connosco mesmos, o noso lado de luz e de escuridade. O que eu fago nesta canción é considerar as emocións que xorden da luz, xa que sempre estamos afeitos preferila, a estar ocupados, e sempre ver e recibir información, isto asóciase coa luz. Pero a súa ausencia tráenos a escuridade que a primeira vista nos pode parecer negativo. A medida que nos imos afacendo a ela, podemos percibir a tranquilidade que ela nos ofrece. E é nesta tranquilidade, este silencio, que nos podemos deixar ir e darnos unha oportunidade de estar connosco mesmos."

"Inspíranme varios xéneros musicais, como o dream pop, flamenco clásico, o jazz xaponés, rock de Zambia, e procuro escoitar música nova dunha parte distinta do mundo todos os días".

"Entre os cantautores modernos, inspírame Björk, Arcade Fire, ROSALÍA, Frank Ocean e Tyler The Creator".

"Durante a pandemia estiven, como todos, moitos meses confinada, no meu caso, en Ribeira, sen ver ningunha cidade. Rodeada de bosques, empeceime a sentir moi agradecida pola tranquilidade que a natureza galega me ofrecía. Durante este tempo empecei a compoñer música e letras con mais intensidade, xa que antes o cara a como un pasatempo".

Máis Información de SOFÍA ELSA

✔️YouTube: https://www.youtube.com/watch?v=YtmrpZ5S6UU

✔️Spotify: https://open.spotify.com/artist/21CGuf2veoJDgurQiStYCK?si=xFSBSIbnQaa-l2m-09LekQ

✔️Itunes: https://music.apple.com/es/album/in-the-dark-single/1550434995 in

✔️amazon: https://music.amazon.es/artists/B08TT7XB1K/sofia-elsa?

✔️Twitter: https://twitter.com/_sofiaelsa

✔️Instagram: https://www.instagram.com/_sofiaelsa/

️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast

Máis Información:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions