Nunha leira de Fontesoutelo, na parroquia de Remesar, A Estrada, Sinda montou unha granxa de galiñas camperas. Os animais non están engaiolados nin encerrados nunha nave pequena. Sinda adaptou o antigo establo familiar para as novas inquilinas, que entran e saen cando queren (como MERCAR ).

"Por circunstancias familiares non podo ter un traballo de oito horas fora da casa, entonces intentei compaxinar o que me gusta, que é o campo, e sacarlle un rendimento ao mesmo tempo. E conciliar coa casa".

"Empecei facendo un curso de creación de microempresas e logo fun dando tumbos preguntando aquí e acola, dando moitas voltas. Porque che piden os mesmos requisitos que a unha granxa de mil ou duas mil galiñas".

"É unha satisfación ver que podes conseguir algo. Que algo que che gusta podes sacalo adiante, disfrutando. Eu disfruto moito estando rodeada de galiñas".

Nunha leira de Fontesoutelo, na parroquia de Remesar, A Estrada, Sinda montou unha granxa de galiñas camperas. Os animais non están engaiolados nin encerrados nunha nave pequena. Sinda adaptou o antigo establo familiar para as novas inquilinas, que entran e saen cando queren.

As 24 galiñas de OVOS DE REMESAR gozan das veigas familiares que fan un total de 2 hectareas de terreno, onde campan ás súas anchas.

Na granxa recóllense diariamente unhas dúas ducias de ovos camperos da mellor calidade, que podemos mercar en AMIFRUT FROITERIA, na estrada ( https://www.paxinasgalegas.es/amifrut-216500em.html ) e en Supermercado O PREZO XUSTO, en O Foxo ( https://www.paxinasgalegas.es/guillermo-56222em.html ).

De todos os xeitos, no caso das galiñas camperas, o importante non é a cantidade, senón a calidade, a cría en liberdade é un factor indispensable para a súa calidade de vida e óptimo desenvolvemento.

Non pode haber benestar animal en galiñas camperas se non se respectan os seus instintos, ritmos e natureza, e estes unicamente poden expresarse completamente ao aire libre; é dicir, correteando, picoteando, respirando aire puro e pastoreando nos inmellorables pastos galegos, sempre verdes os 365 días do ano.

Así, as galiñas camperas elixen a demanda as herbas, insectos, sementes e pedriñas –estas últimas melloran as súas dixestións e achéganlles minerais- que atopan nos pastos.

Elas mesmas se auto regulan e abastecen con nutrentes adicionais para mellorar a súa saúde e benestar.

A beneficiosa luz do sol, os paseos e aleteos diarios, os cambios de estacións, o aire fresco, o verdor do campo… As condicións de vida das galiñas en liberdade, no medio da natureza, son as idóneas para lograr unha crianza espléndida, o que redunda nunha mellor saúde e, en consecuencia, nunha mellor posta de ovos.

Así, grazas á Vitamina D (que obteñen da luz solar) e ao exercicio diario os seus ósos están máis fortes, o seu nivel de estrés descende, e o seu apetito aumenta.

En consecuencia, unha galiña campera ben nutrida e criada terá un mellor metabolismo e estará moito máis saudable, o que se aprecia no seu plumón, patas, pico, crista… e mesmo no grosor e dureza da casca dos seus ovos. e serán galiñas felices e sas.

Máis Información de OVOS DE REMESAR :

✔️ Facebook: https://www.facebook.com/Ovos-de-Remesar-105835828359762

✔️ Teléfono: (+34) 646770941

Máis Información da ASOCIACIÓN DE IGUALDADE E MULLERES DA ESTRADA:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057569194703

Máis Información de SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE:

✔️ Páxina Web: http://igualdade.xunta.gal/gl

✔️ Facebook: https://www.facebook.com/empregoeigualdadegalicia

✔️ Twitter: https://twitter.com/igualdadegal

✔️ Instagram: https://www.instagram.com/igualdadenarede/

✔️ YouTube: https://www.youtube.com/user/igualdadexunta

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions