A psicóloga Verónica Barros explicanos o que significa o termo procrastinación.

Nos últimos tempos, a procrastinación converteuse nun fenómeno de masas. Todos, nalgún momento das nosas vidas, pospuxemos algunha tarefa importante simplemente por preguiza ou porque non tiñamos ganas de facela. “Mellor mañá”, pensamos, e no seu lugar facemos outra tarefa máis sinxela ou que nos fai sentir mellor. O problema é que o día de mañá chega e a tarefa segue sen facer, en definitiva, estás procrastinando.

"Cando temos que enfrontarnos a unha tarefa desagradable. O sistema límbico (que é a parte do cerebro que inclúe o centro de pracer) e a cortiza prefrontal (que é a zona que se adica a planificar) compiten por controlar a situación.".

"O problema da procrastinación é que engancha e vai a máis. Aínda que somos conscientes de que estamos a facer as cousas mal, non somos capaces de empezar a facer a tarefa importante".

"Hai moitas formas de procrastinar, por pereza, por ser demasiado perfeccionistas ou simplemente por vagancia".

Escusas dun procrastinador

Se te recoñeces nalgunha das seguintes escusas, entón es procrastinador/a:

✔️ Fareino mañá (repetido en moitas ocasións)

✔️Teño que dar primeiro unha volta para facer esta tarefa.

✔️Mellor non facer esta tarefa porque será máis fácil cando faga outra cousa

✔️Non é tan importante facelo agora mesmo

✔️Agora teño outras cousas que facer

✔️Non é o mellor momento

✔️Necesito aprender un idioma pero nunca me apunto

✔️Mellor chamo ao médico noutro momento

Por que postergamos?

Estas son as principais causas da postergación constante de tarefas:

✔️ Medo ao descoñecido. Se non coñezo algo, mellor nin o comezo.

✔️Ambigüidade. Non sabes o que se espera de ti e, por tanto, non te pos a realizar algo.

✔️ Falta de motivación en xeral e baixa autoestima polo que non fas tarefas que che poden vir ben.

✔️ Perfeccionismo. Como os teus estándares de perfección, non tentas acometer certas tarefas.

E, ademais, xa sabes que a postergación ten consecuencias:

✔️ Afecta á túa vida persoal. Pospoñemos tanto que nos sobrecargamos de traballo no futuro.

✔️ Afecta o teu traballo. Non cumpres cos prazos previstos.

✔️ Afecta á túa saúde. Postergas ata ir ao médico.

¿Cómo evitar a procrastinación?

Aquí van algúns consellos para deixar de sabotear a túa vida e poñer fin á procrastinación:

✔️ Se consciente do teu problema. Non resolverás o teu problema se non cho tomas en serio. Por tanto, o paso previo é ser plenamente consciente de que estás a queimar as túas horas sen facer nada produtivo, e que isto non che xera ningún beneficio a longo prazo, senón máis ben todo o contrario: a lista de ítems por realizar cada vez é maior e necesitas poñerlle fin.

✔️ Planifica as túas tarefas o día antes. Cada noite, antes de ir durmir (aínda que tamén podes facelo antes de acabar a xornada laboral), decide cales serán as tarefas que farás o día seguinte. Se aprendes a organizar o teu calendario serás moito máis produtivo.

✔️ Divide as tarefas complexas en mini tarefas. Se te enfrontas a unha tarefa moi complicada e que podería esixir moitas horas do teu tempo, divídea en pequenas tarefas máis curtas e fáciles de acometer. O ideal é que ningunha delas supere os 45 minutos.

✔️ Usa a Matriz de Eisenhower para priorizar as túas tarefas. Segundo esta matriz:

- Se unha tarefa é urxente, faina xa.

- Se é urxente pero non é importante, delegaa a outra persoa.

- No caso das tarefas non urxentes pero si importantes, planifícaas.

- Se non é urxente nin tampouco é importante, postérgaa ou elimínaa.

En definitiva, a procrastinación é un buraco negro para a túa produtividade. Evitar caer na mesma e aprender a combatela é fundamental, sobre todo nestes meses de verán nos que fai tanta calor e dános tanta preguiza iniciar unha tarefa nova.

⚕️BARROS PSICOLOGÍA, Gabinete de psicoloxía especializado en trastornos do espectro autista e TDAH. Terapia individual e familiar, nenos e adolescentes, dificultades de aprendizaxe, problemas emocionais e de conduta, dificultades sexuais, terapia de parella...

Máis información BARROS PSICOLOGÍA:

✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia

✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions