"Solicitude de retirada do plan ampliación da autovía AG59 Teo - A Estrada

A Plataforma #StopAmpliacionAG59 creouse para denunciar a innecesaria ampliación da autoestrada AG-59 Teo - A Estrada, a que ameaza con danar de xeito irreparable unha zona de gran beleza paisaxística, fluvial e botánica e protexida como Rede Natura 2000 e ZEC (Zona de Especial Conservación) Sistema Fluvial Ulla-Deza. Unha infraestructura de máis de 48 millóns para aforrar 5 minutos respecto a estrada actual, en plena crise económica e emerxencia climática, afectando ao rural galego teense e estradense.