Laura López, de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe falamos Día do Community Manager e como ser un bo xestor de comunidades.

Arredor do segundo martes de febreiro de cada ano celébrase o Safer Internet Day. Neste 2024, o Día Internacional da Internet Segura celébrase mañá, martes 6, para promover o uso responsable, respectuoso, crítico e creativo da tecnoloxía.

"O Día Internacional da Internet Segura celébrase para promover o uso responsable, respectuoso, crítico e creativo da tecnoloxía".

"Se non facemos todos e todas un uso e seguro, podemos estar expostos a unha serie de riscos de diversa índole".

"Todas as redes nos ofrecen a posibilidade de facer o noso perfil privado e é algo que debemos valorar".

Esta campaña internacional naceu no 2004, organizado pola Rede Insafe en colaboración coa Comisión Europea e, aínda que se centra na concienciación do uso seguro e responsable de Internet en usuarios en xeral, inciden especialmente nos nenos, nenas e adolescentes. Hoxe en día, conta coa participación de arredor de 190 países, máis alá das fronteiras europeas.

Un aspecto interesante deste día é que ofrece actividades, recursos educativos e eventos para fomentar a educación sobre a seguridade en liña. As temáticas abordan cuestións como o ciberbullying, a protección de datos, a prevención de comportamentos inapropiados en liña e a promoción dun uso saudable da tecnoloxía. ( https://www.saferinternetday.org/ )

O obxectivo final é crear conciencia sobre a importancia de manter un ambiente online seguro e fomentar prácticas positivas para protexer a privacidade, promover o respecto e previr situacións de risco.

⚠️Os cibercarrachos: un de tantos perigos na rede

Aínda que as redes sociais e a rede son un medio maravilloso para informarnos, entreternos e manter o contacto cos nosos, se non facemos todos e todas un uso e seguro, podemos estar expostos a unha serie de riscos de diversa índole.

✔️ Ataque DoS ou ataque de denegación de servizo.

Os atacantes adoitan utilizar unha rede de ordenadores comprometidos (os “bots”) para enviar tráfico ao obxectivo de maneira simultánea. Isto pode causar unha saturación nos recursos do servidor, como a capacidade de procesamento ou a memoria, o que resulta na interrupción do servizo para os usuarios legítimos.

✔️ Phishing.

Co phishing búscase enganar aos usuarios para que compartan información confidencial, dende contrasinais até números de tarxeta de crédito e, por consecuencia, roubarlles a identidade. Aínda que hai moitas maneiras de exercer esta mala práctica, a máis habitual é recibir un mail ou un mensaxe de texto no que hai un enlace, se nos pide unha serie de datos e, como parecen fontes fiables acabamos poñendo a información que se nos solicita.

✔️ Estafas online.

Pódense manifestar en forma de anuncios en redes sociais, en páxinas web ou en correos electrónicos. Ofrécennos un producto irresistible a un prezo único e isto, pode levarnos a dous supostos: que acabamos con un malware no noso dispositivo electrónico ou con uns cuantos euros menos na nosa conta bancaria.

✔️ Ciberbullying.

Aínda que quizais non é no que primeiro pensamos cando nos din ciberseguridade é un risco moi presente, especialmente rapaces e rapazas máis pequenos. E por iso, é moi importante educar en materia de seguridade na rede para evitar que estes sectores máis vulnerables da poboación poidan padecelo.

✔️ A idade mínima legal en redes sociais.

A idade mínima para ter redes sociais ronda na maioría das plataformas os 14 anos. E isto é por algo: máis alá dos riscos que poida conlevar que un neno comparta información e contido persoal de maneira pública, tamén entrar outros factores en xogo como a publicidade á que estamos expostos en redes sociais e que
se crea en función do noso perfil. Ademais, aínda que non imos entrar en profundidade, hai estudos que demostran que as redes sociais e o consumo abusivo que, en ocasións, os adolescentes fan de redes sociais, non é o mellor para a súa saúde mental e autoestima.

✔️ As fake news.

Moitos de nós empregamos as redes sociais como fontes de información únicas. O problema está cando non nos aseguramos de que é unha información fidedigna e que o usuario que a publicou non é un perfil que busca a desinformación.

Algúns consellos de seguridade para as nosas redes sociais

✔️ Configuración da privacidade do noso perfil.

Todas as redes nos ofrecen a posibilidade de facer o noso perfil privado e é algo que debemos valorar xa que deste xeito podemos controlar quen pode ver as nosas publicacións, información persoal e fotos. Sobra dicilo pero non deberíamos compartir nunca información sensible de forma pública.

✔️ Solicitudes de amizade.

Debemos manexar as solicitudes de amizade con moita precaución e non aceptar a persoas que non coñezamos na vida real. Ao fin de contas, debemos ser selectivos sobre quen permitimos que acceda a esa xanela á nosa vida persoal que son os nosos perfís en redes sociais.

✔️ Información persoal.

Debemos evitar compartir información sensible como poden ser as nosas direccións exactas, números de teléfono, información bancaria ou detalles de viaxes de forma pública. Para os que son fans de compartir cada pequeno momento especial das súas vidas, faise difícil, pero deberíamos resistir a tentación de publicar este tipo de información que poida ser empregada por usuarios malintencionados.

✔️ Contrasinais fortes.

Temos que empregar contrasinais complexas e únicas para cada rede social e, para iso, non é suficiente con poñer contrasinais como “1234”, o nome da nosa mascota ou a data do noso aniversario. Hai que ir máis alá e combinar letras maiúsculas e minúsculas, números e, moito mellor, se tamén hai algún símbolo.

✔️ Autenticación de dobre factor (2FA).

Se podemos facelo, deberíamos activar a autenticación de dobre factor. Isto require un paso adicional para verificar a nosa identidade, proporcionando unha capa extra de seguridade, como pode ser unha notificación push no noso teléfono móbil ou a verificación a través de SMS.

✔️ Dispositivos con inicio de sesión aberto.

Temos que revisar regularmente as sesións abertas nas nosas contas e desvincular calquera sesión sospeitosa para evitar accesos non autorizados. E, por suposto, nunca deixar a sesión iniciada en ordenadores públicos.

✔️ Coidado coas ligazóns.

Non debemos facer clic en enlaces sospeitosos que nos poidan chegar ao noso mail, a mensaxes do móbil ou en calquera outro formato, nin descargar ficheiros de fontes non fiables.

✔️ Software e aplicacións actualizadas.

Temos que asegurarnos de que tanto as redes sociais como o dispositivo co que naveguemos pola rede teña as últimas actualizados instaladas, xa que a miúdo inclúe parches de seguridade.

Con estes pequenos consellos que podemos poñer en práctica de maneira doada, podemos encamiñarnos a unha rede máis segura para todos.

Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:

✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion

✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom

✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/

️"SUSCRÍBETE" ao podcast.

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions