Nos montes de Galicia celébranse dende hai moitos anos as rapas das bestas. O autor desta proposta, Tono Arias, leva xa máis dunha década documentado esta tradición para o proxecto "RAZA", que se está a deseñar en forma de libro exposición e a montaxe dunha curtametraxe (ver ligazón ).

"Os proxectos que fago prolónganse ao longo do tempo, teño unha relación permanente con eles. a fotografía no meu caso é como unha árbore con moitas ramas".

""RAZA" é un percorrido fotográfico por todo Galicia, fala da relación que ten o ser humano cos animais, neste caso coas bestas".

"Hai moitas rapas que foron desaparecendo e é unha pena porque non hai moitos sitios onde os cabalos estén no monte, en libertade, axudando a que os montes estén máis limpos".

Cada ano, durante os meses de verán os homes e mulleres dalgunhas zonas do rural galego suben o monte a sanear os cabalos que se atopan vivindo en liberdade (desinfección, corte de crines, marcaxe de poldros e venda de animais). Este encontro do ser humano e o animal é o que se vai a documentar neste proxecto visual.

"RAZA" quere tamén afondar na realidade social do rural de Galicia para reflexionar sobre outros conceptos máis universais. Centrarémonos na relación que o ser humano ten cos animais, neste caso cos cabalos e consigo mesmo, para falar sobre cousas máis xerais: o modo de vida, a memoria, a soedade o territorio e a súa transformación.

Pretendese construir un relato composto de imaxes con certo enigma, hibridandoas con outras fotografías máis abstractas, de corpos e texturas que se misturan e que intentan trasladar ás persoas que as ollan a unha dimensión paralela.

✔️ Crowfunding “RAZA”: https://proyectos.dispara.org/projects/raza/?fbclid=IwAR0onSKabhYoojJMNuXYJiTPgRbkPbtYzTdvZnIwVQqekFEy3BCU2gnycO4

Máis Información TONO ARIAS “DISPARA XESTIÓN CULTURAL”:

✔️ Páxina Web: http://dispara.org/

✔️ Facebook: https://www.facebook.com/Dispara-Xesti%C3%B3n-Cultural-333363466733377/

✔️ Twitter: https://twitter.com/DisparaCultura

✔️ Instagram: https://www.instagram.com/dispara.cultura/

✔️ Teléfono: (+34) 986584909 / 661494978

✔️ Correo: [email protected]

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions