Ramón Castro é un dos fundadores de LK Mobility, unha empresa que nace tendo ADN estradense.

Baixo o paraugas da chamada nova mobilidade, céntrase no sector dos vehículos con compoñente eléctrica e en concreto, na análise e recuperación das baterías de híbridos. Tamén dan formacións en vehículos eléctricos e fan desenvolvementos de enxeñería.

"Tivemos clientes que mercaron un vehículo de 2ª man, no que a batería non funcionaba".

"A Uvigo é moi importante para nós, en especial Loli Do Campo, axudounos a nacer e a crecer".

"Zona Franca de Vigo aposta por distintos proxectos, non so pola automoción, está sendo un polo de apoio a empresas de innovación e desarrollo".

"Galicia sempre vai ser un referente en desarrollo de compoñentes de automoción".

LK MOBILITY

O proxecto comezou no 2021 co obxectivo de democratizar o mantemento das baterías dos vehículos híbridos. Para levalo a cabo, contan co apoio de distintas organizacións e proxectos como a Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia ou os proxectos de apoio ao emprendemento como a Fundación Ronsel ou o proxecto Interreg MOBAE. En xaneiro do 2022 deron un salto cualitativo, o entrar na incubadora High Tech Auto especializada en automoción da Zona Franca de Vigo, despois diso, foron convidados a participar no programa para internacionalización de empresas Vía Exterior e, grazas a isto, puidemos definir unha idea e empezar a comercializar.

En novembro do 2022, a Asociación de Novos Empresarios de Vigo outorgoulles o premio en Innovación. En 2023 seguen gozando do apoio de organizacións no seu crecemento e lograron clasificarse para a fase académica da aceleradora de empresas galega Vía Galicia. Ademais, están nomeados pola Asociación de Novos Empresarios de Galicia para o premio en innovación.

Despois de anos de traballo en I+D+i, lograron a posibilidade de ofrecer este servizo innovador e cada vez máis necesario. Despois dun fructuoso proceso de crecemento, poden dicir que están preparados para ofertar unha solución moderna e fiable para a reparación de baterías híbridas.

Analizan o estado de saúde da túa batería híbrida!

Analizan o estado das baterías dos vehículos híbridos e eléctricos e ofrecen unha solución para que poidas gozar do teu vehículo híbrido sen complicacións, ademais de ofrecerche un mantemento eficiente e constante.

En tan só 24 horas analizan a túa batería, para que coñezas o seu estado de saúde antes de vender o teu híbrido ou comprar un de segunda man.

Ofrecen este servizo para garantir unha calidade nas compravendas de vehículos, tanto entre particulares como concesionarios. Para isto emiten un informe da saúde da batería do vehículo, desagregado cela a cela.

Máis Información LK MOBILITY:

✔️Páxina Web: https://www.lkmobility.es/

✔️Instagram: lk_electrics

✔️Linkedin: https://es.linkedin.com/company/lk-mobility?trk=public_post-text

️"SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS:

https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions