PONTE…NAS ONDAS! é unha Asociación Cultural e Pedagóxica que, desde 1995, realiza actividades educativas e culturais en Galicia e no Norte de Portugal. Entre os fins da asociación están a promoción de actividades culturais e pedagóxicas así como a promoción da identidade común dos dous pobos dentro dunha perspectiva xeral de integración europea e do mundo lusófono. A estas finalidades engadíuselle no ano 2002 o compromiso de traballar na recuperación e difusión do Patrimonio Cultural común a galegos e portugueses.

Grazas á cooperación entre escolas de Primaria e Secundaria, ao longo de máis dúas décadas, realizáronse diversas actividades desde os centros educativos das dúas marxes do río Miño, construíndo unha ponte de comunicación que atravesa a fronteira de dous territorios, descubrindo un patrimonio común compartido pola antiga Gallaecia.

"Comezamos en 1995 facendo un experimento radiofónica, que consitía en unir dos estudos de radio, un en Portugal e outro en Galicia. Emitíronse máis de 12 horas, en directo, elaboradas por 15 centros educativos".

"A radio nos centros educativos é ar fresco, é empoderar aos alumnos, que eles melloren e se sintan valorados na súa competencia comunicativa. Sobre todo porque desenvolven unha serie de capacidades que non se dan nunha aula clasica".

"A proposta da UNESCO, supón un recoñecemento ao traballo de "PONTE NAS... ONDAS" durante todos estos anos, por parte dos dous países (España e Portugal). Queremos que sexa unha celebración de todos os pequenos que facemos cousas".

PONTE...NAS ONDAS! INICIA A CONTA ATRÁS PARA A SÚA
INSCRICIÓN NA UNESCO COMO MODELO DE BOAS PRÁCTICAS

Presentada a candidatura por parte de Portugal e España en marzo de 2021, será a primeira inscrición para Portugal e Galicia

Un ano de avaliacións que culminará na inscrición como modelo de boas prácticas co PCI (Patrimonio Cultural Inmaterial ) no Rexistro das Boas Prácticas da UNESCO

Despois de ser presentada na UNESCO o pasado mes de marzo polos embaixadores de Portugal e España, a candidatura de Ponte...nas ondas! entrou na fase final avaliación por parte do organismo internacional. Nesta etapa o comité avaliador decide as propostas de inscrición das candidaturas de patrimonio inmaterial para ser proclamadas na XVII sesión do Comité da UNESCO que se celebrará no próximo mes de decembro.

As boas prácticas

Ademais da Lista Representativa do PCI (Patrimonio Cultural Inmaterial), o Rexistro das Boas Prácticas está conformado por experiencias que demostren a súa eficacia na preservación e a transmisión do patrimonio vivo. Estes métodos e enfoques deben entenderse como modelos e ensinanzas útiles adaptables a outras circunstancias, incluso en países en desenvolvemento. Desde o ano 2009, foron 29 as boas prácticas seleccionadas. España conta con 3 inscricións e Portugal non ten ningunha. Para Galicia a inscrición de Ponte...nas ondas! na UNESCO tamén sería a primeira.

O modelo presentado

A candidatura presentada por Portugal e España, co apoio de Xunta de Galicia, é o modelo de Ponte...nas ondas! que integra, nunha experiencia de comunicación, a preservación do patrimonio cultural inmaterial entre dous países. O traballo co patrimonio a través da práctica radiofónica permite a transmisión ás novas xeracións de prácticas e expresións representativas do patrimonio cultural inmaterial. As xornadas de radio transfronteirizas fomentan o coñecemento e a conciencia de compartir un patrimonio común por riba das fronteiras administrativas. As boas prácticas realizadas por Ponte...nas ondas! desde hai máis de 25 anos veñen acreditadas por diversos recoñecementos internacionais como o selo de “Buena práctica iberoamericana” concedido polo Ministerio de Educación de España ou o premio ONDAS “pola mellor cobertura do patrimonio inmaterial galego-portugués”.

Ponte...nas ondas! foi tamén acreditada pola UNESCO como ONG consultora para o PCI en 2016, acreditación que foi renovada en 2021 despois de avaliar o Comité da UNESCO o traballo desenvolvido neste último período (as ONGs acreditadas deben remitir un informe da actividade realizada cada 5 anos).

O exemplo de Meniños Cantores

Ponte...nas ondas! vén de presentar o traballo Meniños Cantores 2 que se concreta nun libro-USB e unha web (www.meninoscantores.com). Este proxecto dá continuidade ao editado en 2005 e amplía o seu contido cunha serie documental de 4 capítulos que está emitindo a TVG aos domingos a partir das 19.45 hs.

Para a UNESCO a transmisión interxeracional é o principio fundamental para a salvagarda do patrimonio cultural inmaterial e a condición esencial para a sua sustentabilidade.

Máis Información “PONTE NAS... ONDAS”:

✔️ Páxina Web: http://pontenasondas.org/

✔️ Facebook: https://www.facebook.com/pontenasondas/

✔️ Twitter: https://twitter.com/pontenasondas

✔️ Instagram: https://www.instagram.com/pontenasondasoficial/

✔️ Flickr: https://www.flickr.com/photos/32237694@N07/

✔️ Vimeo: https://vimeo.com/user894356

✔️ YouTube: https://www.youtube.com/user/Pontenasondas

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions