A asociación RAPA DAS BESTAS organiza dúas actividades para a fin de semana que ven:

Venres día 9 de xullo ás 21:00h, no curro, Dentro do programa ATLANTICA, QUICO CADAVAL con "Complexo de Edipo".

Sábado 10 de xullo ás 9:00h. Saída desde o Teleclube

Chegada: ás 14.00 para o aperitivo

Campaña de sensibilización para a protección e defensa das nosas bestas, o mamífero salvaxe máis grande de Europa Occidental.

Saída aos montes de Montouto para observar o comportamento das bestas de Sabucedo e demais fauna que atoparemos no camiño entre carballeiras, petróglifos, foxos...

Visita organizada e comentada para a que se recomenda roupa de sendeirismo, auga, bocata e prismáticos.

Prégase confirmar asistencia no Teleclube, no teléfono 639 105 098 ou no correo [email protected]

"É unha sorte formar parte do ciclo Atlántica. Pensamos que é unha oportunidade única e que o curro de Sabucedo da para moito, podémoslle sacar moito máis partido do que se lle saca".

"Queremos compartir esta andaina coa xente que non coñeza o monte de Sabucedo ou que só o coñeza do día da festa. E que con calma poidan visitar as zonas onde viven as bestas".

"Queremos que a xente vexa como a próxima instalación de parques eólicos masiva poden cambiar a forma de vida das bestas".

Máis Información RAPA DAS BESTAS:

✔️Páxina Web: https://rapadasbestas.gal/?lang=es

✔️Facebook: https://www.facebook.com/RapaDasBestas

✔️Twitter: @Rapa_Sabucedo

✔️Instagram: https://www.instagram.com/rapadasbestas/

✔️YouTube: https://www.youtube.com/channel/UCCip3EQDQXWopGOl2NaB_Pg

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

Máis Información e outras entrevistas:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: @pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas