Paula Chaves, máis coñecida como Pauliña no panorama musical é unhas das voces femininas con máis carácter e personalidade de hoxe en día. A súa imaxe provocadora, a súa forma de ser: directa, sinxela, achegada..., non deixa indiferente a ninguén.

Pauliña comezou na súa terra natal, Cambados. Encantáballe compoñer, escribir o que sentía e aínda así cos poucos acordes que sabía amarrou a guitarra ao lombo e lanzouse a percorrer locais da sua bisbarra para expresar ca música o que acontecía na súa vida, provocando ao público sentirse identificado con moitas das suas letras.

Moi nova, trocou por impulso esa terriña das Rías Baixas por outra costa diferente, a de Inglaterra: concretamente Eastbourne. Alí, como non podía ser doutro xeito, a música acompañouna, tamén: a tristura, a morriña de abandoar Galiza, a capacidade de buscarse a vida e a nova paisaxe mesturaron nela unha morea de emocións.

Cando considerou que a súa experiencia vital en Inglaterra rematara, fixo de novo as maletas e voltou pra Galiza, pero desta vez non pra o seu coñecido Cambados, senón, ambiciosa, propúxose afincar uns anos en Compostela.

Inqueda como é ela, enseguida se fixo un oco no circuito musical que da vida a cidade, ese foco de efervescencia, que ela foi quen de aproveitar pra subirse a escearios, tanto sóa como acompañada, xunto a nomes como os de Vituco Neira (Ruxe-Ruxe), Fosi (DeLombaos) ou Zënzar.
As redes sociais comezaban a seguila cando a banda de rock-metal NAO albiscou nela pra unha colaboración no seu disco “Cartas no caderno” e tendéronlle a man subíndoa a escearios de grandes festivais, dándose a coñecer ao gran público.

A carreira desta gran voz galega comezaba a ser imparable, pero a súa vida era complexa pra poder adicarse por completo a música.

Despois de "De-xeneración" e "Malfalada", hoxe preséntanos o seu terceiro albúm de estudo "Testemuñas", no que a cañeira artista cambadesa nos fai bailar, sen perder a esencia da súa música rockeira, reivindicativa e reflexiva, con ritmos merturados e as colaboracións de grandes nomes da cultura galega como o Leo de Matamá, High Paw, Nee Barros e Fosi Labazada, e con uns dos grandes da música portuxesa como son os Kumpania Algazarra.

"A xente está sendo testemuña de todo do que estou vivindo".

"Este tempo veume ben para traballar na música".

"Dende moi nova alentáronme e animáronme mogollón de colegas que me acompañan e me arroupan neste traballo".

"Dende o primeiro disco a miña avoa está moi presente, é a primeira figura de feminismo que tiven".

"En "Testemuñas" hai moita marcha, é moi de bailar e os directos son cada vez máis potentes".

Máis Información PAULIÑA:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/paulinhachavesperez

✔️Instagram: https://www.instagram.com/punkita_/

✔️YouTube: https://www.youtube.com/channel/UCmFbocktxaX0ecV4n8F1DWw

✔️YouTube Music: https://music.youtube.com/channel/UCmFbocktxaX0ecV4n8F1DWw

✔️Apple Music: https://music.apple.com/es/artist/paulina/975616869

✔️Spotify: https://open.spotify.com/artist/7k2PezEzSzzHV2z8pm5u9M?autoplay=true

✔️Dreezer: https://www.deezer.com/es/artist/164605?autoplay=true

Máis Información XONIX RECORDS:

✔️Páxina: https://xonixrecords.wixsite.com/xonix

✔️Facebook: https://www.facebook.com/xonixrecords

✔️Twitter: https://twitter.com/XonixR

✔️Instagram: https://www.instagram.com/xonix_records/

✔️YouTube: https://www.youtube.com/user/lolopeligroso

✔️SoundClould: https://soundcloud.com/xonixrecords

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

Máis Información e outras entrevistas:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions