PAULA QUINTAS é codirectora do Festival Corpo(a) terra e traballa coa pedagoxía da danza en Danza Alfaia, cunha liña de investigación contemporánea contorna ao corpo e lineas alternativas de aprendizaxe en Santiago de Compostela. Ademais é especialista en Técnica Laban impartindo talleres en diferentes conservatorios.

Licenciada na Universidade de Santiago de Compostela en Historia da arte, presentando o seu proxecto final de carreira en Body Art e vídeo-creación, graduada en Trinity Laban en Danza contemporánea e diplomada en National Centre for Circus Arts Londres.

É Máster en Artes escénicas coa proposta de investigación “Filosofía e estética do corpo no circo coreografiado” pola Universidade Rey Juan Carlos - URJC (Madrid) 2019-2020, o cal continuará cun proxecto de tese doutoral en 2021-2022.

Os seus últimos espectáculos como creadora son Multiperspectivas (2021), Nina Ninette (2021), SET (2020), Alma ( non é hippie) (2019), Plastic (2018), Analepsis (2017), Up2 down (2015). Forma parte da compañía trasPediante.

"A Danza é a expresión artística do corpo, arte do movemento para transmitir a través do corpo aos espectadores".

"A expresion do corpo non ten ningún tipo de idade nin de limitación".

"O certame 6 Coreógrafas nace da necesidade de dar visibilidade ás grandes creadoras que temos en Galicia".

"Na Estrada traballamos en achegar a danza a novos públicos, estamos fascinados coa acollida que tivo o certame de danza contemporanea na Estrada e agardamos que haxa unha segunda edición".

"Na Estrada hai moita cultura e unha apertura mental cara a cultura, para min é un pracer impartir aulas aquí".

"Na Estrada hai un potencial expresivo moi elevado, estamos facendo un traballo moi profesional na Escola Municipal de Artes Escénicas".

Máis Información PAULA QUINTAS:

✔️Páxina Web: https://www.paulaquintas.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/pau.quintassantos

✔️Twitter: https://twitter.com/qpausantos

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pauquintass/

✔️Vimeo: https://vimeo.com/user10312639

✔️YouTube: https://www.youtube.com/channel/UCm4eAixxHV9NVTGnEgN-8KA

✔️Pinterest: https://www.pinterest.es/pauquintassanto/_saved/

A ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES ESCÉNICAS da Estrada, naceu no ano 2012, a partir do que era a antiga Escola Municipal de Teatro. É unha institución dependente da Fundación Cultural da Estrada que dende a súa creación no ano 2002, formou parte dun marco estratéxico de promoción e difusión das artes escénicas na vila.

O antecedente da Escola foi a creación no ano 1996 da compañía de teatro afeccionado TEATRO dos TIRINAUTAS, que durante os seus 10 anos de vida, axudou a dar unha alternativa de ocio a moita xente da localidade, e a divulgar a obra de escritores da comarca coma Varela Buxán, Neira Vilas ou Manuel García Barros.

Na memoria colectiva aínda pervive aquela “Ensalada de Mosquito” do ano 2003 con 12 funcións consecutivas a teatro cheo e máis de 4.500 espectadores; unha peza que facilitou a entrada na Rede de Teatro Profesional do IGAEM desta nova compañía de actores estradenses.

Docentes e profesionais do teatro da talla de Anabell Gago, Xosé Lueiro, Artur Trillo, Nuria Montero, Nuria Sanz, Manuel Lourenzo, Mónica de Nut, Arturo Cobas “Nono”, Fiona Bernárdez, Cándido Pazó ou Cristina Domínguez viñeron colaborando no proxecto docente da institución dando alento escénico a pezas de Molière, Cervantes, Carlos Casares, Vidal Bolaño, Lorca, Labiche, Sergi Belbel, Anton Chèjov ou Bertolt Brecht entre outros.

No ano 2012, e dado o carácter multidisciplinar do teatro contemporáneo, a Escola Municipal de Teatro, decidiu diversificar a súa oferta didáctica para ofrecerlle ao alumnado unha formación o máis integral posible, incluíndo na súa programación, clases de danza, de voz e de clown. Esta última disciplina é un vestixio do que foi a antiga Escola de Circo, que este ano 2012 decidiu fundirse coa Escola de Teatro e reimpulsar un novo proxecto docente.

Paralelamente á actividade docente, a Escola ten asignada unha unidade de produción propia coa finalidade de medir ás novas remesas de actores diante do público, e tamén organizou durante os anos 2009, 2010 e 2011 un certame de teatro afeccionado, no que os alumnos da escola puideron interaccionar con outras compañías galegas.

Máis Información ESCOLA MUNICIPAL de ARTES ESCÉNICAS:

✔️Páxina Web: http://www.emae.aestrada.gal/

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

Máis Información e outras entrevistas:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions