PACO CERDEIRA, MÁIS COÑECIDO COMO PAKOLAS ENTRE O PÚBLICO
INFANTIL, EDITA O SEU TERCEIRO LIBRO DA MAN DA EDITORIAL GALAXIA, NA SÚA COLECCIÓN SONÁRBORE, DESTA VOLTA EN FORMATO LIBROQR

"Ramona tiña ilusión, a finais dos anos 60, de chegar á lúa antes de que chegaran outros. O que pasa é que non deixou ningunha sinal porque non quería deixar basura".

"O libro ten dous códigos QR, o primeiro é para descargar as cancións e o segundo son unhas unidades didácticas, moi modernas, coas que se poden fabricar unha guitarra, un cohete, e unha serie de cousiñas".

"Despois de bailar sempre se durme mellor, e a rapazada de hoxe en día hai que darlle movemento que están moi parados".

Paco Cerdeira, ou Pakolas, nome co que se presenta ante o público infantil, é músico e compositor, cunha longa traxectoria neste eido profesional, sumando máis de 16 anos en diferentes bandas de música infantís (*)

. Defínese como rockeiro e guitarreiro, creando música para tódolos públicos, dende os máis miúdos ata familias ao completo, “música para todos e todas e letras axeitadas aos máis cativos e cativas”. Despois da edición dos librodiscos de “Pakolas” no ano 2017, e de “Ramona Órbita a dona do tempo” en 2020, e da formidable acollida por parte do público agotando a súa primeira impresión en tan só 5 meses, chega “A Ramona pequena vai á Lúa” o seu terceiro libro en solitario, da man da Editorial Galaxia (Sonárbore). Nesta ocasión a editorial chega con novidades no formato, editando en LibroQR este novo álbum musical, que contén dez novas cancións e tamén un conto.

SOBRE O LIBRO-QR

Viaxa coa Ramona pequena dende os seus pensamentos ata a Lúa, dende as súas inquedanzas ata as súas xenialidades e dende o seu maxín ata onde queiras chegar. Quebra os límites con nós nesta nova aventura rockeira!

En Abril de 2023 sae editado terceiro traballo en solitario de Pakolas, “A Ramona Pequena vai á lúa” (Ed. Galaxia), unha nova entrega das historias da súa labrega inventora favorita, Ramona Órbita, e desta volta a máquina do tempo lévanos á súa infancia.

Corría o ano 1967 no Courel e Ramona contaba con 6 aniños. Era unha nena movida por constantes inquedanzas, cunha mente esperta e imaxinativa. Adoraba perderse entre as páxinas de Xulio Verne, «A volta ao mundo en 80
días», «20 mil leguas de viaxe submarino», «Viaxe ao centro da terra» e sobre todo un que lle espertaba a máis grande das curiosidades, «Da terra á lúa», que lía unha e outra e outra vez. A Lúa era para ela unha fonte imparable
de preguntas sen resposta: que tipo de leiras habería nela? Poderíase cultivar na súa superficie? Habería auga? Viviría alguén aí? Saberían, ou polo menos entenderían o galego? Sería máis grande que o Sol?

Moitas personaxes poderedes coñecer neste novo álbum, que tamén estrea espectáculo rockeiro ao vivo, como a profe Lupe, que sempre escoitaba atenta as dúbidas da pequena, ou á súa amiga furona Nora, coa que consigue
viaxar ata a Lúa! Con estas e outras personaxes chegaremos á fin desta viaxe, que nos ensina que a imaxinación non ten límites, a nosa cabeza é un taller de ideas onde os soños poden tornarse realidade Esta é a proposta que nos presenta Pakolas no seu último traballo, o libro-cd de música infantil “A Ramona Pequena vai á lúa”, continuando coas historias dunha personaxe inspirada na súa bisavoa Ramona.

O LibroQR que recolle o conto da pequena Ramona Órbita, e as letras das 10 novas cancións de Pakolas, conta ademais cunhas fermosas ilustracións de Laura Romero, que de seguro farán as delicias dos máis cativos. A ilustradora, licenciada en Belas Artes na Universidad de Salamanca, participou en todo o proceso creativo desta peculiar personaxe e as súas aventuras.

A edición do libro dispón de 2 códigos QR, un deles para a escoita e descarga das cancións, e outro para descarga de material de traballo e unidades didácticas dispoñibles tanto para os escolares como o público xeral.

DATAS DOS CONCERTOS PARA PÚBLICO FAMILIAR

05/05/2023 pola mañá. Pakolas. A Ramona pequena. Festa de Ferrol de Frores Cuberto. FERROL

06/05/2023 ás 13.00 h. Pakolas. A Ramona pequena. GALEGOTE ROCK. Xardíns do Doutor Marescot. PONTEVEDRA

06/05/2023 ás 18.30 h. Pakolas e Laura Romero. Cores, contos e rock coa Ramona pequena.Festa do Apego. Pazo da Peregrina. AMES

07/05/2023 pola tarde (horario por confirmar). Pakolas. A Ramona pequena. Centro Comercial Marineda City. A CORUÑA

13/05/2023 pola tarde (horario pendente de confirmar). Pakolas. A Ramona pequena. Festival Entrepontes. RÁBADE

14/05/2023 ás 12.00 h. Pakolas. A Ramona pequena. Feira do Libro. O PORRIÑO

17/05/2023 ás 17.30 h. Pakolas. A Ramona pequena. Miúdo Fest, CSC As Pedriñas. MOS

18/05/2023 pola mañá. Pakolas. A Ramona pequena. Pases escolares. A ESTRADA

26/05/2023 pola tarde (horario pendente de confirmar). Pakolas. A Ramona pequena. XUNQUEIRA DE AMBÍA

27/05/2023 ás 17.30 h. Pakolas. A Ramona pequena. Centro Comercial Vialia Vigo. VIGO

Proximamente datas da continuación da xira de 2023 en www.pakolas.com/axenda

Máis Información PAKOLAS:

✔️Páxina Web: https://pakolas.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/pakolas.musica/

✔️Twitter: https://twitter.com/pakolascerdeira

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pakolas_pacocerdeira/

✔️YouTube: https://www.youtube.com/channel/UC2DcmQ2oWQdPBZgPeovTD7A

✔️Spotify: https://open.spotify.com/artist/79olzk8xoppHWDtVUMd967

✔️SoundCloud: https://soundcloud.com/pakolas

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions