Laura López, de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe achéganos Os influencers poden potenciar o comercio local?.

Este mes tivemos de todo: a resaca de Samaín, o mes eterno do Black Friday e, agora, como colofón do mundo dixital do mes de novembro atopámonos co día do influencer. De feito, o pasado mércores 22 retransmitírons os Premios TikTok2023 que premiaron a algúns dos usuarios de redes sociais con máis influencia no panorama actual.

"O emprego de influecers na nosa estratexia dixital pode ser moi efectivo para o comercio local".

"A dixitalización fixo que os consumidores teñan un poder sen precedentes sobre as marcas e, grazas ás redes sociais, poden ser creadores de novas correntes de opinión destes produtos e servizos que ofrecen".

"Se falamos do comercio local, o máis probable é que busquemos un microinfluencer antes que un macroinfluencer".

Aínda que pareza mentira, a figura do influencer aparece antes de Internet: remóntase a principios do século XX. xa na década de 1920 apareceron as primeiras celebridades, que eran embaixadoras dunha marca e baixo a súa experiencia recomendaban algún produto, facilitando así as decisións de compra dos consumidores.

O que hoxe en día coñecemos como influencers apareceron á par que as redes sociais: en 2004 e 2006, co nacemento de Facebook e Twitter. Neste sentido, trátase de usuarios que, pola súa capacidade comunicativa ou creatividade, comezaron a crear comunidades respecto a un interese común.
No seu momento, para as marcas, o interesante destas personas de influencia radicaba na naturalidade que presentaban fronte a artificialidade que podían amosar un famoso ou unha personaxe pública á hora de promocionar un produto ou servizo. Deste xeito, as diferentes firmas viron un potencial nestas figuras para chegar aos seus públicos obxectivos.

E todo isto, por que? A dixitalización fixo que os consumidores teñan un poder sen precedentes sobre as marcas e, grazas ás redes sociais, poden ser creadores de novas correntes de opinión destes produtos e servizos que ofrecen.

Todos os influencers son iguais?

Cando falamos destes influenciadores, o primeiro que nos vén á mente son estas grandes figuras públicas con milleiros de seguidores e seguidoras, pero non ten por que ser así. Podemos chegar a ser influencers con cifras bastante máis humildes e darlle ás marcas resultados iguais ou mellores.

✔️Nanoinfluencers. Aqueles usuarios que teñen entre 1.000 e 10.000 seguidores.

✔️ Microinfluencers. Aqueles usuarios que teñen entre 10.000 e 100.000 seguidores.

✔️ Macroingluencers. Aqueles usuarios que teñen entre 100.000 e un millón de seguidores.

✔️ Megainfluencers. Aqueles usuarios que teñen máis de 1 millón de seguidores.

Logo desta clasificación, como é de esperar, tamén se clasifican por temáticas. Podemos atoparnos con gamers, deportistas, vloggers, fotógrafos, viaxeiros, expertos en moda e beleza, activistas, cómicos, etc.

Por que confiar na figura dun influencer para promocionar a nosa marca?

✔️Xeran confianza. Son un amigo que nos recomenda produtos. De primeiras, co seu discurso non nos poñemos a pensar en que hai unha marca detrás del.

✔️ Naturalidade. Saber comunicar con naturalidade é un valor fundamental para as marcas e, estas persoas, adoitan posuír este atributo.

✔️ Interacción. Son moi fans de algo que nós tamén somos fans: a comunicación bidireccional. Os influencers comunican, pero tamén responden. Algo que aos usuarios nos gusta e valoramos.

Agora ben, non sempre é doado atopar a ese influencer que tan ben se adapta ao noso perfil. Por iso, existen plataformas de busca que xestionan este tipo de campañas como pode ser Influencity, Heepsy, Upfluence ou Social Bakers.

Microinfluencer ou macroinfluencer: que é mellor para unha marca?

Non hai un mellor ou peor, pero se falamos do comercio local, o máis probable é que busquemos un microinfluencer antes que un macroinfluencer.

✔️Autenticidade e conexión máis persoal: Os microinfluencers adoitan ter audiencias máis pequenas e específicas. Isto permítelles ter unha conexión máis persoal cos seus seguidores. A súa audiencia pode percibilos como máis auténticos e cercanos, o que pode xerar unha maior confianza nas recomendacións que fan.

✔️ Nicho específico: Os microinfluencers adoitan centrarse en nichos máis específicos e especializados. Se unha marca está a buscar chegar a un público obxectivo moi específico, un microinfluencer que se especialice nel pode ser máis efectivo que un macroinfluencer cunha audiencia máis ampla pero menos específica.

✔️ Custo relativo: En xeral, os microinfluencers tenden a ser máis accesibles en termos de custos para as marcas. Poden estar dispostos a colaborar por produtos ou servizos, tarifas máis baixas ou acordos flexibles, o que pode ser beneficioso para as empresas con orzamentos máis axustados.

✔️ Maior compromiso: Aínda que os macroinfluencers poden ter un maior número absoluto de seguidores, os microinfluencers adoitan ter taxas de interacción máis altas en relación coa súa audiencia. Isto significa que, en proporción, poden xerar un maior compromiso e participación por parte dos seus seguidores.É dicir, este pode xerar un maior engagement.

✔️ Menor saturación publicitaria: dado que os microinfluencers adoitan promocionar produtos con menos frecuencia que os macroinfluencers, o seu contido promocional pode ser percibido como menos invasivo.

Deberíamos empregalo no noso comercio local?

Segundo a plataforma Coobis, o 74% das empresas europeas asegura ter empregado a estas figuras nas súas campañas publicitarias. Non hai dúbida que os influencers tamén poden reportar beneficios ao comercio local:

✔️Aumento da visibilidade: os influencers locais poden ter seguidores que tamén son locais, o que significa que a promoción de produtos ou servizos a través deles pode aumentar significativamente a visibilidade dun comercio na comunidade local.

✔️ Conexión coa comunidade: adoitan ter unha conexión máis estreita coa súa audiencia, xa que comparten experiencias e entornos similares. Isto pode xerar unha maior confianza e autenticidade nas recomendacións de produtos ou servizos, o que é esencial nun entorno de comercio local.

✔️ Maior credibilidade e confianza: poden engadir credibilidade e confianza. A familiaridade do influencer coa comunidade pode facer que as recomendacións sexan máis impactantes e cribles para os seus seguidores locais.

✔️ Adaptación aos orzamentos: se buscamos pequenos influencers poden ser máis accesibles en termos de custos en comparación con influencers de renome a nivel nacional ou internacional. Isto é especialmente beneficioso para comercios locais con orzamentos máis limitados.

En resumo, o emprego de influecers na nosa estratexia dixital pode ser moi efectivo para o comercio local ao aproveitar a influencia de persoas que teñen unha conexión directa coa comunidade. Pode aumentar a visibilidade, xerar confianza e tamén fomentar a participación local, contribuíndo ao éxito a longo prazo do comercio na comunidade.

Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:

✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion

✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom

✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/

️"SUSCRÍBETE" ao podcast.

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions