Cada martes falo coa Psicóloga e sexóloga Verónica Barros de Barros psicoloxía. Hoxe falamos dos beneficios do silencio.

No ano 1996, o Centro para a Audición e a Comunicación (CHC) fundou este día para alertar y crear conciencia na poboación sobre os riscos que ten o ruido para o trastorno auditivo pero tamén para coñecer o seu impacto na saude.

"Un dos problemas, propio da nosa sociedade, é que precisamos estimulación continua, estar sempre pendentes de algo, expostos a sinais externas".

"Evitar os propios pensamentos, ou unha falta de capacidade de concentración. É unha causa e unha consecuencia da exposición continua a ruido".

"Hai expertos que consideran que se precisan 2 horas ao día de silencio".

So somos conscientes dunha parte dos efectos que produce o ruido noso entorno. Por exemplo, cando non podemos durmir ou cando hai un ruido forte puntual. Moitas veces deixamos pasar estas molestias, o cal vai causando un deterioro progresivo na nosa saude física e mental, ao estar sometidos a niveis de ruido constantes.

Pero non so debemos pensar nos ruidos externos involuntarios: os coches pasando pola rua, as obras nunha casa ou edificio cercano,… senon tamen todos os ruidos diarios que escollemos. No fondo parece que nos gusta o ruido, enchendo todo momento individual con música, podcast, chamadas,…

Espertamos coa nosa emisora, p ro despois poñemos musica, chamamos a alguen mentres conducimos, poñemos musica mentres traballanos ou estudiamos, volvemos poñer musica mentres nos duchamos, e incluso podemos non concebir a idea nin de sair a correr se non imos escoitando algo. E a isto temos que agregarlle as notificacións dos nosos dispositivos móviles.

Tamén prendemos a televisión cando chegamos a casa para sentirnos qcompañados, aínda que incluso nos movamos pola casa sin estar prestando atención de todo á mesma. E despois temos quen pon os auriculares para durmir e se non os ten non consegue conciliar o sono.

Isto pode denotar certos problemas. En primeiro lugar o propio da nosa sociedade, na que precisamos estimulación continua, estar sempre pendentes de algo, expostos a sinais externas.

Por outro lado, pode denotar problemas máis persoais e individuais, como a evitación dos propios pensamentos, ou unha falta de capacidade de concentración. O cal é unha causa e unha consecuencia da exposición continua a ruido.

O silencio, pola súa parte, trae consigo unha serie de beneficios:

✔️1. Permítenos estar en contacto cos nosos propios pensamentos.

✔️2. Fai que poidamos centrarnos máis no aquí e no agora, sin distraccións externas. De feito, por exemplo, no caso do entrenamento en relaxación ou mindfulness recoméndase buscar un espazo tranquilo, en silencio e sen interrupcións.

✔️3. Axúdanos a buscar un equilibrio e a integrar todo o que estamos sentindo e pensando.

✔️4. Axúdanos tamén a detectar dificultades e tamén a ser máis creativos, polo que pode que nos axude a ter oportunidade de buscar máis solucións.

✔️5. É unha porta aberta á imaxinación.

✔️6. Con respecto á relación cos demais, ás veces calar e escoitar, sin emitir sons, permítenos conectar doutra maneira cos demais, atender mellor ás súas necesidades, e incluso observar o que a conexión coas outras persoas nos produce.

E moitos e moitas dirán que o silencio lle produce máis ansiedade e que lles fai centrarse demasiado nos seus pensamentos rumiativos e nas súas preocupacións, ou que na noite, cando hai máis silencio e calma é cando peor se sinten.

Sin embargo, a solución non debe ser o ruido, xa que perxudicará a situación a medio-largo prazo, senon que se deben entrenar outras estratexias para afrontar de forma adaptativa a dificultade pola que estamos atravesando, sen buscar a evitación.

Hai expertos que consideran que se precisan 2 horas ao día de silencio, pero máis que buscar un tempo determinado, é moito mellor pararse a analizar cales son os sons que máis nos perxudican ou que máis están intermediando no noso día a día, ver canto estamos en silencio diariamente, e ver cal consideramos que é o noso obxectivo a curto prazo de momentos de silencio

Máis información BARROS PSICOLOGÍA:

✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia

✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/

️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast

Máis Información e entrevistas:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions