Laura López, de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe achéganos O Venres Negro chega a redes sociais.

"O Black Friday en si mesmo pode ter numerosas vantaxes para un comercio, non só o aumento de vendas".

"Debemos ter en conta que, que todo o mundo se suba ao carro do Black Friday, non implica que nós tamén o teñamos que facer".

"O que é beneficioso para un negocio, para outro pode non selo ou pode non encaixar coa súa filosofía corporativa".

O Venres Negro chega a redes sociais

Single Days, Black Friday, Cyber Monday…Estamos un pouco pesados con iso dos días especiais, non? Xa pasamos o ecuador de novembro e, este mes, quizais sexa un dos máis interesantes en canto a accións comerciais se refire: a xente adiántase ao Nadal, aproveita os descontos irresistibles do Venres Negro e estamos constantemente expostos a campañas publicitarias relacionadas con estes eventos.

A orixe do Venres Negro

Polo visto, hai moitas teorías ao respecto da orixe do Black Friday, aínda que unha cousa está clara: o termo apareceu por primeira vez en Estados Unidos. Unha das teorías remóntase ao 24 de setembro de 1869, cando dous axentes da bolsa de Wall Street, aliándose cun famoso político de Nova York, intentaron facerse con todo o mercado de ouro. A súa artimaña caeu en desgraza e o prezo do ouro desplomouse en cuestión de minutos, de maneira que moitos inversores se arruinaron. Esta xornada pasouse a coñecer
como Venres Negro.

Outra teoría, xa máis ligada ás compras, fala do sábado posterior a Acción de Grazas, a mediados da década de 1950. Nese día, o exército e a marina ían enfrontarse nun partido de fútbol americano en Filadelfia. Os desprazamentos producidos o venres previo ao partido e, a xente previsora que xa estaba a facer as súas compras de Nadal, fixeron que a cidade colapsase e que ningún polícia puidese tomarse o día libre nese venres. Bautizaron esa xornada, polas vestimentas negras, como Black Friday e, a iniciativa tivo tanto éxito que pronto os comerciantes de Filadelfia comezaron a empregar ese termo para describir as vagas de persoas que se daban cita nas tendas da cidade despois de Acción de Grazas.

Porén, habería que esperar varios anos a que isto do Black Friday se popularizase en Estados Unidos. O verdadeiro pulo chegou o 19 de novembro de 1975, cando os comerciantes puxeron descontos de infarto o día seguinte a Acción de Grazas.

Pola contra, se queremos saber sobre o comezo do éxito do Venres Negro en España hai que esperar a 2012, coas ofertas da cadea alemana MediaMarkt. E, un par de anos despois, sumóuselle El Corte Inglés e Amazon.

Por que deberíamos realizar unha campaña de Black Friday en redes?

O Black Friday en si mesmo pode ter numerosas vantaxes para un comercio: a máis evidente delas, o aumento de vendas, pero tamén desenvolver a lealdade do cliente, desfacerse de stock, atraer novos clientes, xerar uxencia e emoción de compra, incrementar a visibilidade da marca e moitos máis.
Se falamos de redes sociais, estas poden un aliado moi útil para a promoción dos nosos produtos, servizos e ofertas durante este evento.

✔️Posibilitan un alcance masivo. As redes sociais teñen unha audiencia moi ampla e diversa. A promoción en plataformas como Facebook, Instagram, Twitter e LinkedIn permite chegar a un gran número de usuarios de maneira efectiva.

✔️Segmentación da audiencia. Ofrécennos ferramentas de segmentación
avanzadas que permiten dirixir os anuncios a audiencias específicas segundo
características demográficas, intereses e comportamentos, o que axuda a chegar a clientes potenciais máis relevantes.

✔️Interacción directa e rapidez na difusión. Podemos responder preguntas,
proporcionar información adicional e xerar unha conexión máis cercana coa
audiencia. Ademais, a natureza viral das redes sociais facilita a difusión rápida da información. Se a nosa oferta é atractiva, é probable que se comparta e que se cree ese boca a boca, aumentando a visibilidade da campaña.

✔️Análise e seguimento. As plataformas de redes sociais ofrecen ferramentas
analíticas que nos permiten medir o rendemento das campañas en tempo real. Podemos facer un seguimento das interaccións, conversións e outros indicadores clave para axustar a estratexia.

Como arrasar en redes sociais co Black Friday?

Hai varias claves que podemos ter en conta á hora de darlle forma á nosa estratexia:

✔️Crear campañas en redes sociais. Afirmar que quen non está en redes sociais non existe, tal vez sexa algo sentencioso. Con todo, do que non hai dúbida é que son unha ferramenta fundamental para calquera campaña dixital. Os Social Ads permitirannos crear campañas de venda dirixidas ao noso público obxectivo sen gastar unha cifra desorbitada.

✔️Email marketing. Contar cunha newsletter sempre é unha boa idea e, con estas datas, aínda máis. Con ela, poderémosnos adiantar á propia data e ir mostrándolle á nosa audiencia o suculento prato de descontos que lles espera á volta da esquina.

✔️Xerar expectación. Se o facemos ben, temos que facelo con tempo e xerando expectación. Precisamente a través dunha newsletter e das publicacións que compartamos en redes sociais podemos crear este efecto.

✔️Mostrar as ofertas dentro das ferramentas das redes sociais. Plataformas
dixitais como Instagram ou Facebook teñen integradas tendas en liña, o que se coñece como Social commerce, que lle permiten aos usuarios consultar os
produtos dunha marca sen saír da rede social. Aos usuarios gústanos ter todo na palma da nosa man e que todo sexa moi fácil. Se lles aforramos tempo e esforzo ao noso público, terémolos a punto de caramelo para que realicen a súa compra.

✔️Máis creativos e travesos. Se queremos captar a atención, non será suficiente con ter descontos atractivos, senón que as creatividades e deseños que fagamos, así como o ton que empreguemos na nosa comunicación, será fundamental. É boa ideal empregar cores como o negro, amarelo ou vermello e un ton informal e cercano.

✔️Emociónate. Moitos de nós aproveitamos estas datas para facernos cos regalos de Nadal ao mellor prezo. E se por algo se caracteriza o Nadal é por apelar ás emocións. Tal vez sexa un bo momento para aplicalo en copies e creatividades.

En definitiva, as datas como o Venres Negro non só nos brindan a posibilidade de aumentar as nosas vendas, senón tamén de facernos ver entre o noso público obxectivo, de maneira que nos recorde para futuras compras. Sen embargo, debemos ter en conta que, que todo o mundo se suba ao carro do Black Friday, non implica que nós tamén o teñamos que facer. Do mismo modo o que é beneficioso para un negocio, para outro pode non selo ou pode non encaixar coa súa filosofía corporativa.

Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:

✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion

✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom

✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/

️"SUSCRÍBETE" ao podcast.

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions