A Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada acollerá os días 29 e 30 de outubro o Festival O SON DOS ARRIEIROS, un festival que nace para promocionar o camiño xacobeo ao seu paso pola vila. Falo con Anxela Baltar de BALA.

BALA está formada por Anxela Baltar (voz e guitarra) e Violeta Mosquera (voz e batería), que xa pasaran por grupos como Calixta, Drama, Salvation Army e MLK antes de formar a banda no ano 2014.

O seu álbum de debut de 2015, "HUMAN FLESH", colocounas no mapa, e tan só dous anos despois con "LUME" tiveron a oportunidade de plantarse en Xapón, Australia, Estados Unidos e Colombia. Un premio inimaxinable para estas dúas galegas xa curtidas nunhas cantas batallas. Agora veñen a "O SON DOS ARRIEIROS" co seu terceiro disco "MALEZA". Con BALA podemos escoitar estilos como o stoner, o metal, o punk ou o grunge de forma honesta, contundente e orixinal.

Entradas á venda a un prezo de 22 euros + gastos de envío (ver ligazón ).

"LUME foi o punto de inflexión da banda, funcionou moi ben e comezamos a movernos por todo o mundo".

"O Liceo Mutante así como outros centros autoxestionados son lugares para disfrutar e descubrir bandas, gozando da música e do ambiente".

"En Ultramarinos Costa Brava estamos como na casa, gústanos moito o que fai. Cando escoitamos por primeira vez o resultado de "LUME", alucinamos".

O 14 de setembro de 2015 publicaron o seu traballo de estrea, un álbum de sete temas chamado Human Flesh, gravado no estudio Montealto da Coruña. O 3 de marzo de 2017 editaron o seu segundo disco, Lume, gravado en Cataluña, ámbolos dous a través da discográfica compostelá Matapadre. En 2019 foron galardoadas co Premio Martín Códax da Música na categoría de rock. ( http://premiosmartincodaxdamusica.gal/ )

No mes de febreiro de 2021 Bala anunciou a súa fichaxe polo selo alemán Century Media Records, a través do cal editarían o seu seguinte álbum. O anuncio estivo acompañado polo video do primeiro sinxelo do disco, "Agitar", que conta con colaboracións de Najwa Nimri, Bonnie Buitrago de Nashville Pussy e da escritora Lúa Mosquetera. O álbum, titulado Maleza, foi editado o día 14 de maio de 2021.

O SON DOS ARRIEIROS da Estrada súmase este ano ao circuíto galego de festivais de música cun programa de rock 100% galego.

A proposta, ideada como un festival de mediano formato e cunha capacidade fixada inicialmente nunhas 550 persoas, está fundamentada no rock, dentro do que abrangue moi diferentes estilos, Heredeiros da Crus, Novedades Carminha, Terbutalina, ademais de ter en conta a perspectiva de xénero con bandas integramente femininas como Bala e Agoraphobia e a sesión de Señora DJ, quen picará música feita, cantada e tocada por mulleres.

FESTIVAL ROCK O SON DOS ARRIEIROS: http://app.aestrada.com/eventos/ficha/1289/gl

✔️ MERCAR ENTRADAS: https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/otras-musicas/fundacion-de-exposicions-e-congresos/12655--o-son-dos-arrieiros.html

Máis Información “O SON DOS ARRIEIROS”:

✔️ Facebook: https://www.facebook.com/osondosarrieiros

✔️ Instagram: https://www.instagram.com/sondosarrieiros/

Máis Información “BALA”:

✔️ Páxina Web: https://somosbala.com/es/inicio/

✔️ Facebook: https://www.facebook.com/somosbala

✔️ Instagram: https://www.instagram.com/somos.bala/

✔️ YouTube: https://www.youtube.com/c/BALABANDA/videos

✔️ Spotify: https://open.spotify.com/artist/5Cqy5kUi1EY01scjbz87eJ

✔️ Dreezer: https://www.deezer.com/en/artist/123134202

Entrevista "LA RESISTENCIA": https://www.youtube.com/watch?v=f-UKqvl5I38&t=663s

Máis Información “DOTBEAT” :

✔️ Páxina Web: https://www.dotbeat.es/

✔️ Facebook: https://www.facebook.com/dotbeatmusic/

✔️ Twitter: https://twitter.com/dotbeatmusic

✔️ Teléfono: (+34) 674956338

✔️ Correo: [email protected]

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions