Lorena Penas, socia fundadora de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital, achéganos CURIOSIDADES DAS REDES SOCIAIS.

O márketing de influencers é unha das ferramentas máis utilizadas hoxe en día por moitas empresas nas súas estratexias publicitarias. A través de colaboracións con persoas relevantes, as marcas buscan chegar ao seu público obxectivo nas redes sociais, principalmente novas, e avivar neles ese desexo de compra.

"O márketing de influencers é unha das ferramentas máis utilizadas hoxe en día por moitas empresas nas súas estratexias publicitarias".

"O formato audio vai en aumento. As marcas deben así ter en conta a aquelas persoas que inflúen a través dos seus podcasts".

"As campañas desenvolvidas por persoas influentes nas redes sociais son ata catro veces máis lembradas pola audiencia".

Segundo datos de Infoadex, o márketing de influencers xerou en España
máis de 75 millóns de euros no 2020, e 150 millóns de euros en 2021. Para 2024, está previsto que alcance os 240 millóns de euros nun sector formado por unhas 7.500 persoas que se dedican profesionalmente a esta actividade.

Neste contexto, xurdiron as axencias de influencers, que adoptan un papel intermediario entre anunciantes e influencers. O seu propósito é aconsellar e orientar ás marcas para elixir a persoa e a canle máis adecuados para cada campaña. Porque non é o mesmo investir nunha publicación dun rostro enormemente coñecido en Instagram que facelo, por exemplo, en Youtube, cun influencer especializado en videoxogos.

TIPOS DE INFLUENCER E PLATAFORMAS

Instagram é a rede social por excelencia con 2 millóns de usuarios activos mensuais, o que a converte nunha das mellores opcións para facer campañas de márketing de influencers.

Pero hai outras vías. Para os negocios B2 B, a mellor opción son influencers en plataformas como LinkedIn, e se o que busca a marca é un target gamer, atoparemos en Twitch ou Youtube as mellores opcións.

En caso de querer alcanzar a unha audiencia nova, TikTok será unha
plataforma con gran potencial, xa que nesta rede social o 66% dos
usuarios teñen menos de 30 anos, concretamente entre 16 e 24 anos.
Notablemente nesta plataforma, onde se rexistrou a maior taxa
de compromiso, por encima de Instagram e Youtube no último ano.

A grandes liñas pódense diferenciar 4 tipos de influencers segundo o seu
número de seguidores.

✔️No top están os mega- influencers, que son “ superestrellas” con máis dun millón de seguidores e coa capacidade de chegar a un gran número de consumidores. A nivel publicitario, é unha ferramenta moi potente xa que permite aumentar as vendas en tempo récord.

✔️Tras eles, os macro- influencers contan con entre 100.000 e 1 millón de seguidores e posúen unha comunidade moi fiel coa que é posible
incrementar a visibilidade e as vendas en pouco tempo. Pola súa banda,

✔️Os micro- influencers teñen entre 5.000 e 100.00 seguidores: son persoas comúns que construíron unha audiencia sólida nas redes sociais. Aínda que non teñen un número enorme de followers, a súa autenticidade é alta.

✔️ Por último, os nano- influencers, cunha comunidade de entre 2.000 e
5.000 seguidores, tamén teñen certa influencia sobre os seus
seguidores.

A EFECTIVIDADE DO INFLUENCER MARKETING

As campañas desenvolvidas por persoas influentes nas redes sociais son ata catro veces máis lembradas pola audiencia. Conseguen aumentar a consideración de compra dos usuarios ata en 17 puntos, en comparación cos usuarios non expostos a este tipo de publicidade.

A Enquisa anual de Marketing de Influencers, elaborada en 2019 por mediakix, apunta que o 61% dos especialistas en márketing enquisados recoñece a dificultade de atopar influencers relevantes para unha campaña. Por este motivo, nesta procura o primeiro que hai que analizar é a relación entre o número de seguidores e a media de interacción, ademais da súa reputación e o contido das súas publicacións.

Outro elemento relevante é a naturalidade, a proximidade e a confianza que
o influencer consiga transmitir á audiencia.

TENDENCIAS PARA 2022

Tendencias que pisarán forte no terreo do influencer márketing
este 2022:

✔️ A influencia de TikTok seguirá crecendo. Segundo o Estudo de Marketing
de Influencers en TikTok 2021 de SocialPubli, o 87% dos influencers que participan nesta plataforma obteñen unha maior interacción da audiencia que nas súas outras redes sociais.

✔️ Os micro e nano influencers terán máis oportunidades en Instagram.
Ao poder dirixir tráfico ao sitio web ou a páxina destino da marca directamente desde as súas stories, aumentarán a súa poder.

✔️ Os vídeos son o formato gañador. Con todo, deben ser curtos, atractivos e fáciles de entender.

✔️ Crecerá o comercio social. O seu obxectivo será axilizar e acelerar o proceso de compra sen saír da plataforma.

✔️ O formato audio vai en aumento. As marcas deben así ter en conta a aquelas persoas que inflúen a través dos seus podcasts. Segundo Small Biz
Genius, o 54% dos consumidores pensou en comprar un produto
que escoitan promocionado nun podcast.

Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:

✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion

✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom

✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/

️"SUSCRÍBETE" ao podcast.

Máis Información e outras entrevisas:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions