Laura López, de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe falamos do contido que mellor funciona en Instagram e das ferramentas para monitorizalo.

"Que Instagram estea cheo de sorteos non é unha casualidade. Son unha ferramenta que funciona moi ben para atraer a novos usuarios e usuarias".

"Instagram é unha das redes sociais máis visuais e estéticas que hai, polo que ensinar os produtos, os servizos ou os eventos dunha marca sempre é boa idea".

" Non hai estratexia sen seguimento e análise do contido e das súas estatísticas".

Toda presenza na rede das marcas debe ter unha motivación e unha estratexia. Dá igual que sexamos unha multinacional ou un comercio local, se decidimos estar en redes sociais coa finalidade de mostrarnos, gañar visibilidade e, por ende, tentar aumentar as vendas, é importante seguir unha estratexia de contidos.

Unha estratexia de contidos é un plan detallado que define como imos crear, distribuir e xestionar contido relevante e valioso co obxectivo de atraer, involucrar e convertir unha audiencia específica. Este tipo de estratexia é fundamental e atende e varía en función dos obxectivos que a empresa se marque. Como se pode intuír, a creación de contido é básica e, hoxe, imos falar sobre algunhas tipoloxías que, aínda que sempre tendo en conta que é o que queremos conseguir, funcionan á perfección en Instagram.

✔️Sorteos

Que Instagram estea cheo de sorteos non é unha casualidade. Son unha ferramenta que funciona moi ben para atraer a novos usuarios e usuarias xa que, a fin de contas, estás ofrecendo a posibilidade de conseguir un produto ou servizo a cambio de un pequeno esforzo ou un pequeno dato. Para as marcas non só é unha maneira de aumentar os seguidores, senón que aumenta a visibilidade e alcance da marca, fomenta a participación, axuda a construír comunidade e, por suposto, é unha ferramenta para promocionar os nosos produtos. O noso consello? Se estás disposto ou disposta a realizar un sorteo en redes co fin de atraer a novos seguidores que poidan rematar sendo promotores da túa marca ou clientes, sortea un produto que saibas que poida gustar á túa audiencia. E, por suposto, a mecánica para participar debe ser o máis sinxela posible para que non perdan o interese se se complica moito.

✔️Promoción de produto, servizo ou evento

Instagram é unha das redes sociais máis visuais e estéticas que hai, polo que ensinar os produtos, os servizos ou os eventos dunha marca sempre é boa idea. Aínda que, iso si, sen esquecer que as redes sociais non son un catálogo de compra, hai que saber manter o equilibrio entre contido promocional e contido de valor. Se nos decidimos a mostrar a promoción ou desconto dun dos nosos produtos, podemos crear unha imaxe creativa e divertida con información relevante, de maneira que se incentive aos usuarios a que merquen ou adquiran as ofertas que lles estamos a propoñer.

✔️Detrás das escenas

Mostrar quen está detrás dunha marca sempre vai chamar a atención. Por iso, mostrar o “detrás das escenas” dun produto ou dun servizo vai ser unha boa idea para humanizar a nosa marca e facer que os usuarios se queden co noso nome. Facer isto é tan sinxelo como subir unha storie preparando un paquete, un día na oficina, un Reel dun día cun empregado ou dun proceso de creación, etc. Hai un milleiro de posibilidades.

✔️Memes

Unha vez máis, é imposible non empregar memes nunha estratexia de contidos deste século. Si que é certo que debemos aprender a adaptalos á nosa marca e saber comunicarlos con eles. É dicir, non é necesario que nos subamos ao carro de todos os memes que se fan virais nin que publiquemos un cada día, senón que debemos aprender a comunicar a través deste formatos pero sempre dende o noso punto de vista e ton. Estes, pola súa banda, o que deben cumprir é que sexan graciosos e oportunos, de maneira que as persoas se poidan identificar facilmente con eles. E, para conseguir isto debemos coñecer á nosa audiencia, estudar a competencia e investigar as tendencias que poidan encaixar con nós.

✔️As valoracións

Sempre que mercamos un produto, ben sexa por internet ou en físico, antes de facelo tendemos a entrar en Google para ver as valoracións deste ou da tenda. E, se somos un chisco avispados, vai ser interesante que compartamos nós mesmos estas valoracións en Instagram. Deste xeito, con creatividades estéticas e sinxelas, aportaremos seguridad e confianza. Aínda que, iso si, non debemos abusar deste tipo de publicacións e non deben predominar no noso muro. Unha vez cada dúas semanas, por exemplo, será máis que suficiente.

✔️Antes e despois

Que lle vai aportar ao usuario que adquira o noso produto ou servizo? Non haberá mellor maneira de demostrarllo que cunhas fotografías que mostren o antes e o despois de confiar en nós. Isto adoita funcionar moi ben en calquer sector, pero máis aínda se se trata, por exemplo, de estética.

Algunhas ferramentas de análise

Non hai dous sen tres e, ben é sabido, que non hai estratexia sen seguimento e análise do contido e das súas estatísticas. Para iso, máis alá das propias ferramentas que nos dá a plataforma de Instagram ou mesmo o Meta Business Suite, que é a ferramenta xeral de xestión e análise de contido da corporación que inclúe tanto as redes sociais de Facebook como Instagram, hai moitas posibilidades interesantes que podemos empregar.

✔️Metricool. É unha ferramenta española de análise, xestión e planificación de redes sociais que se pode empregar de maneira gratuíta. Permite analizar redes sociais e web e no caso de Instagram podemos ver o crecemento da comunidade, como funciona cada publicación que compartimos, un balance de seguidores e información demográfica e xeográfica da nosa comunidade. Ademais diso, ofrece información sobre as visitas e clics na nosa conta de Instagram, as interaccións, un ranking de posts e as métricas das nosas stories.

✔️SEMrush. Aínda que esta plataforma se coñece por ser a ferramenta de SEO e SEM por excelencia, tamén ofrece un social media traker que analiza o contido, a audiencia e o engagement para comparalo cos nosos principais competidores.

✔️Hootsuite. Ofrece ferramentas de análise competitivas e cadros de mando que mostran os datos dunha maneira moi sinxela da nosa conta de Instagram, de maneira que poidamos observar as tendencias ao instante. Ademais, é moito máis potente en canto aos datos de publicacións ofrecidos polas estadísticas de Instagram, por exemplo. O aspecto negativo? Que é de pago

Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:

✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion

✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom

✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/

️"SUSCRÍBETE" ao podcast.

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions